Manualidades en familia

Chega a ponte de decembro e como cada ano dende o CEIP Frian (1) propóñennos realizar unha manualidade en familia.

Dende fai xa uns cantos anos realizo xunto coa miña afillada diferentes adornos navideños: bola, bota, caixa, árbore, estrela…. (2)

Este ano tocaba “adorno con material de refugallo”. Nós (Anita e Belén)  fixemos unha arbore reciclando as cápsulas do café que me trae George, “o meu chico” 😛

A outra parella artesana (Ana e Luis) fixeron un bonito centro, digno de presidir a mesa de Nadal, feito cunhas piñas e botellas de plástico.

arbore nadal

centro navideño

Enlaces que se citan:

Enlace a web e blog do CEIP Frian:

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/

http://avozdefrian.nireblog.com/post/2010/12/03/reciclando-en-nadal

Enlace a entrada previa sobre este tema:

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2009/12/09/decoracions-nadal