#LAV013

Esta finde non houbo descanso

Estiven no #LAV013 (http://www.senunpeso.org/) no obradoiro de stop motion (http://www.senunpeso.org/lav-2013/obradoiros/animacion-stop-motion.html) con Algarabía animación (http://algarabia-plastilina.blogspot.com.es/)

Aprendín moitas cousiñas que espero poder aplicar nas aulas.
Por alí había moito talento e moitos coñecidos do audiovisual galego.
O noso grupiño tivo o seu minuto de gloria coa pequena proba que fixemos (sei que é unha chorradiña pero entre que eramos novatas, o pouco tempo, e o moito traballo …. está pavero non si? )

 

 

Verdad que sería estupendo…..

Esta é unha canción que sempre me encantou.

Foi unha das primeiras que empreguei nas aulas, fai xa moito tempo (lástima que o vídeo se perdese pois quedara moi chusquiño)

Sempre a recomendo nos recursos para a Paz pero agora acabo de descubrir unha nova versión de Cómplices  con Huecco que non está nada mal.

Verdad que sería estupendo non ter que traballar a Paz nas aulas? 😉

GAGNAM STYLE

Esta claro que o vídeo estrela de este fin de ano foi o GAGNAM STYLE ( http://youtu.be/mIQToVqDMb8 ) e as múltiples versións

Ata eu teño unha personalizada: http://www.jibjab.com/view/RbrJcHFDzlfXJXMgcZWl

E en moitas zonas do país estase a facer as versións (murcianico style ) ou Rias Baixas Style

Pero a versión que me acaba de fascinar por completo e o Pocoyo Style (esta si que vai pegar forte nas aulas de infantil 😉 😛 )

Graciñas a Marta de http://elvuelodelasmariposas.com/ polo descubrimento

Equilibrio

Como aínda é o día mundial do medioambiente (aínda que todos os días deberían selo) e acabo de coñecer este video ( gracias ao feis do CEP Sequelo )

Aquí volo deixo, espero que vos guste