2 abril

2abril

Hoxe é o día mundial da concienciación sobre o autismo.

Como sempre digo, oxalá non houbera días de…. e todos estiveramos xa concienciados

Como esta entrada vai un pouco tarde e xa hai mil cousas pola rede só deixarvos un contiño con pictos de Pictocuentos

pictocuentoshttp://www.pictocuentos.com/

Susan Laughs

A teacher Rosa (1) comparte con nós a estupenda historia de Susan, unha rapaza como todas as rapazas do mundo, que fai as mesmas cousas que fan as rapazas do mundo.

Teredes que ver o video ata o final para decatarvos porque un argumento tan normal fai que se convirta nunha historia xenial para  traballar na aula 😉

Graciñas por compatir teacher!!

Enlaces que se citan:

(1) Pieces of teaching, o blog da teacher Rosa

http://piecesofteaching.blogspot.com/

Xandre, o elefante sen sombra

Xandre

Un día, coma outro calquera naceu un elefante chamado Xandre.

Efectivamente, un día coma outro calquera, alguén de TADEGa (1) propuxo que fixeramos contos, e alguén máis leu un BOE (2)cunha convocatoria do MEC (3)  para a elaboración de materiais que axuden a comprensión lectora….. e ahí xa a liamos!!!

Os TADEGuianos e TADEGuianas somos moi dados a embarcarnos en “aventuras” educativas e alá que fomos, como diría Buzzlightyear (4) “ata o infinito e máis alá”

Despois de 9 meses (sí, efectivamente, tratouse dun embarazo en toda regla) naceu Xandre, o noso elefantiño.

XandreXandre, é un proxecto cheo de ilusión, de esforzo, de traballo, de risas e discusións.

Xandre é un CONTO, un conto para todos e todas.

Intentamos que cada persoa que se achegue a Xandre poida disfrutalo por completo. Por iso temos versión en galego e castelán, utilizamos o sistema pictográfico, temos unha versión en lingua de señas (galego e castelán)

Ademais ofrece moitas actividades complementarias, XOGANDOXistra, CON XANDRE (comprensión lectora, xogos cos pictos, xogos coas sombras, actividades sobre as personaxes, sobre diversidade……etc)

Xandre, ten ademais unha páxina web http://www.contosdexandre.net/  que nos gustaría compartir con todos/as vós. Se lle contades o conto de Xandre ao voso alumnado, fillos/as, sobriños/as, netos/as ou demais familia, gustaríanos que nolo contasedes que se fora posible aportarades documentos gráficos (fotos, videos) da experiencia.

XeniaNesa web tamén irán aparecendo todas as novedades que haxa sobre Xandre, que espero sexan moitas.

Estamos abertos/as a suxerencias. Coa axuda de todos/as poderemos facer que Xandre nos conte máis aventuras!!!!

Espero que vos guste e que disfrutedes tanto de Xandre como nós.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a web de TADEGa:

http://tadega.net/

(2) Enlace á páxina do BOE (Boletín Oficial do Estado)

http://www.boe.es/

(3) Enlace á páxina do MEC (Ministerio de Educación )

http://www.educacion.es/portada.html

(4) Enlace á paxina da wikipedia sobre Buzzlightyear

http://es.wikipedia.org/wiki/Buzz_Lightyear