Verdad que sería estupendo…..

Esta é unha canción que sempre me encantou.

Foi unha das primeiras que empreguei nas aulas, fai xa moito tempo (lástima que o vídeo se perdese pois quedara moi chusquiño)

Sempre a recomendo nos recursos para a Paz pero agora acabo de descubrir unha nova versión de Cómplices  con Huecco que non está nada mal.

Verdad que sería estupendo non ter que traballar a Paz nas aulas? 😉

Brincaletras: día da Paz

Captura
Teño a sorte de estar rodeada de amigos/as que non paran, sempre probando, sempre inventando, sempre innovando…
Isto, ás veces, prodúceche certo vertixe pero a maior parte dáche máis forza para seguir traballando(por unha educación pública de calidade)
Un dos que non para de darlle aos miolos e Fran Macías, que este Nadal estivo dándolle voltas ao Brincaletras (un programiña moi interesante para crear os teus propios “pasapalabras”
Toño Vicente, que tampouco para, xa fixo un Brincaletras para o día da PAZ

 

Captura
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1358337877/contido/diadapaz/index.html
Graciñas aos dous por compartir o voso traballo.