17 comentarios en “Christmas, Nadal, Navidad

  1. Vas ter que esperar un pouquiño que ainda non me deu tempo a pechar de todo a boca! Que preciosidade! Os recursos xeniais e a presentación …. eu creo que de 12 porque de 10 quedaríase un pouquiño curta.
    Unha aperta

  2. JE JE Graciñas.
    A verdade que hai unha chea de recursos, algúns realmente interesantes.
    Noutros apartados irei aumentando e así xa teño banco de recursos de nadal para uns cantos aniños ji ji ji
    bicossss

  3. Time flies!…..Se acabo de celebrar Halloween!!! Oh my god! Menos mal que está a nosa «toliña» para facernos as cousas máis doadas. O Nadal está a chegar e a nosa paga extra onde andará?????
    Bicos e thanks

  4. A verdade que pensaba colgar no blog recursos sobre «o Apalpador» para traballar na aula, pero atopei neste gloster o traballo realizado. Vou enlazalo ao meu blog.Un traballo moi completo e organizado. Bicos

  5. Ola Belén!
    En primeiro lugar, MOITAS GRAZAS por compartir con tod@s esta morea de recursos (o outro día deixei nesta entrada un comentario pero non sei onde andará… andaría eu coa cabeza noutro lado e a saber que fixen…)
    A verdade é que nos facilitas moitísimo a «tradicional captura» de recursos na rede para as diferentes festas e conmemoracións e iso é de agradecer.
    Se non te importa, fago unha ligazón ao blog de infantil do meu cole.
    Pola miña parte, moitos bicos e ESPERO QUE TODOS/AS OS USUARIOS DO TEU BLOG PASEN UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL!!!
    Saúdos.
    Paula

    • Ola guapiña,
      xa sabes que para min é un pracer que o meu traballo sirva para os vosos pequechos/as
      Graciñas polos bos desexos, o mesmiño para ti.
      En canto ao comentario do outro día, non me apareceu 🙁
      bicosssss

  6. Chegamos tarde pero estamos abraiadas pola presentación tan orixinal do glogster. Está claro, a que sabe, sabe e os demais facemos o que podemos.
    Bicos, Belén.
    Poñeremos un enlace ao teu blog para que o coñezan.

  7. Unha vez máis, xenial! Moitas grazaspor compartir con nós a túa creatividade e os teus recursos. Co teu permiso compártoo no noso blogue da biblioteca para os nosos pequenos. Felices festas!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *