A escaleira

No mundo educativo teño uns cantos referentes, non, non pensedes en gurús da educación, os meus referentes son “profes peatóns” que imprimen moito corazón e moita paixón en todo o que fan.

Un destes referentes é Rafa Sánchez-Agustino, todos os seus traballos teñen unha seña de identidade: a sensibilidade dun artista.

Ademais, dende que está no CEIP A Lama forma con Cristina Campos un tándem perfecto.

Agora dáselles pola animación, e se o ano pasado nos sorprendían con “A vella Lulula” este ano fan o propio con “A escaleira” unha adaptación espectacular para curta de animación do conto orixinal de Beatriz Montero.

Realizada polos alumnos de 1º curso de primaria e 4º de infantil do CEIP “A Lama”, para o concurso “Nós tamén creamos”, convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO, coa colaboración de CRTVG.

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

2 pensamientos en “A escaleira

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *