Axuda a Papá Noel

Queres que Papá Noel poida chegar á túa casa e traerte agasallos?

Axúdalle a arranxar a súa zorra (disque trineo dise así, segundo o diccionario 😛 ) pona ben bonitiña…. e verás que de cousas che trae.

La cueva de Tragapalabras

cuevatragapalabras

La cueva de tragapalabras é unha aplicación multimedia para apoiar o aprendizaxe da lectoescritura no primeiro ciclo de primaria e un recurso motivador para a iniciación á lectura

Completa o nome e fai clic nas tesoiras para empezar. Se elixes «aprendo a ler» só terás dúas portas abertas, pero se elixes «xa leo» todas as portas estarán á túa disposición.

Tamén se pode escoller traballar coas minúsculas ou maiúsculas

Podes acceder a esta aplicación na páxina:

http://www.isftic.mepsyd.es/w3/eos/MaterialesEducativos/mem2007/cueva_tragapalabras/

Fíodor, o gato con armadura

Gústame saír a mariscar pola rede, pero teño un defecto. Ás veces encho as nasas con capturas exquisitas pero non anoto de que mares proveñen.

Hoxe, navegando polo disco duro, atopei un material para educación infantil, Fíodor (1), unha aplicación educativa deseñada por Balbino de Oro Martín.

fiodor o gato

Todas as actividades son moi intuitivas e abarcan o currículo de infantil.

Xiran entorno a Fíodor, un gato con armadura que recorre as salas dun castelo. Dirixe a Fíodor hacía unha porta que abrira unha actividade ou nalgún caso outro menú.

Idioma: castelán.

No que eu teño descargado inclúe tamén unha guía didáctica pero que na web non a vexo (se alguén está interesado non ten máis que pedila)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web de Fíodor:

http://www.telefonica.net/web2/fiodorelgato/index.html