La granja de Lelo

Fai algún tempo puxen no blog o vídeo de Lelo e as estacións (1)

Fai un par de días recibín unha mensaxe sorprendente, era Xana unha das nais de Lelo, dándome as grazas por poñelo no blog!! :O e hoxe sorprendeume ainda máis deixando un enlace para visitar a granxa de Lelo (2)

Así que veña, subide todas e todos ao atobús e imos á granxa!!!

A granxa de Lelo

Graciñas Xana polas visitas e polo enlace 

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post co video de Lelo e as estacións:

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2009/03/22/lelo-e-as-estacions

(2) Enlace á Granxa de Lelo:

http://mccd.udc.es/lelo/

Little Peter Rabbit

Little Peter Rabbit had a fly upon his ear
Little Peter Rabbit had a fly upon his ear
Little Peter Rabbit had a fly upon his ear
And he flicked it till it flew away!

Little Peter Rabbit had a fly upon his _____
Little Peter Rabbit had a fly upon his _____
Little Peter Rabbit had a fly upon his _____
And he flicked it till it flew away!

Little Peter Rabbit had a _____ upon his _____
Little Peter Rabbit had a _____ upon his _____
Little Peter Rabbit had a _____ upon his _____
And he flicked it till it flew away!

Little Peter _____ had a _____ upon his _____
Little Peter _____ had a _____ upon his _____
Little Peter _____ had a _____ upon his _____
And he flicked it till it flew away!

Little _____ _____ had a _____ upon his _____
Little _____ _____ had a _____ upon his _____
Little _____ _____ had a _____ upon his _____
And he flicked it till it flew away!

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Cartel Salon do libro 09

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009

O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,(1)  no que Portugal será o país convidado.

Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo.

O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo da inauguración que tivo lugar onte.

A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.

O programa é amplo e moi variado, paga a pena unha visita.

EEI Samieira

Aportación da Escola de Educación Infantil Samieira (3) e da Escola de Educación Infantil Sartal ao salón do libro. 

Enlaces que se citan:

(1) Páxina do Salón do libro:

http://www.salondolibro.org/

(2) Páxina oficial da escritora Fina Casalderrey:

http://fina.casalderrey.com/

(3) Enlace á páxina da EEI Samieira:

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/

Enlaces

Xa estou de volta coas pilas recargadas despois de turistear por London (a verdade que é unha cidade que vale a pena unha escapadiña de cando en vez 😉 )

Quero compartir con vós unhas aplicacións moi chusquiñas feitas por Carmen (1) que serven para usar tanto no ordenador coma no encerado dixital

Se queredes facer que neve na Lanzada so tedes que visitar: http://xoaninhas1.blogspot.com

Neve na Lanzada

Para xogar coa lúa e as ondas do mar: http://xoaninhas.blogspot.com/

Lúa e mar

Para escoitar unha canción de berce e xogar co móbil: http://xoaninhas2.blogspot.com/

Móbil de berce con lúa, sol e estrela

Caleidoscopio: http://xoaninhas3.blogspot.com

Caleidoscopio

Para xogar coa fotografía da Praza da Leña de Pontevedra: http://xoaninhas5.blogspot.com/

Fotografía da Praza da Leña de Pontevedra

Carmen ten ademáis unha canle de TV na que podedes ver vídeos moi interesantes. http://luscofuscotv.blogspot.com/

Enlaces que se citan:

(1) Blogs da profe Carmen:

Cando o mar peta na porta (Blog de sexto curso de primaria) http://omarpetanaporta.blogspot.com/

A casa de dona Lisa (Blog de infantil) http://acasadedonalisa.blogspot.com/

KIRIMA

El viaje de Kirima

Grazas a Meninheira (1) descubro un conto precioso, «El viaje de Kirima» (2)

Trátase dunha páxina (3), subencionada polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural Marino (4) que ademáis do conto xa mencionado aporta unha guía didáctica e material para traballar o cambio climático e o coidado da nosa terra ao alumnado de Infantil.

Enlaces que se citan:

(1) Blog de Meninheira: http://dalleuncolinho.blogspot.com/

(2) Conto de Kirima: http://www.kirima.es/cuento/index.htm

(3)Páxina de Kirima: http://www.kirima.es/

(4) Páxina do Ministerio: http://www.marm.es/