Lesson Activity Toolkit en español

toolkit

Un dos problemas cos que se atopaban os/as mestres á hora de deseñar actividades coas ferramentas do lesson activity toolkit era que estaban en inglés.

Agora xa non hai desculpa, as toolkit están en español!!!

Terás que descargar o paquete (xa que nas actualizacións non vai aparecer)

Vai ao enlace de descarga  – tamén o podes atopar páxina de Smart –  descarga o zip, descomprime e segue as instruccións (moi doado, igual que cando actualizas)

Cando termine a actualización aparecerá unha carpeta no apartado «o meu contido» que pon LAT 2.0 ESP

lat

e a deseñar!!

LIM colaborativo: Participa!!!

libroQUERES PARTICIPAR??

– Obxectivo: construir colaborativamente una UD, actividad temática… xa que LIM (Fran Macías) é unha ferramenta aberta.

– Duración: Todo o curso escolar e, segundo a data, escoller o Samaín, o Outono, os dereitos humáns, a paz, a muller traballadora, a semana da prensa, o día do libro, a saúde, Galicia, Europa, as Letras Galegas, dia mundial do ambiente… (queres propoñer outro tema?. Deixa un comentario coa túa proposta.)

– Quero participar, como fago?

É moi doado, na seguinte presentación tes todos os pasos:

Tux Paint

Debuxo feito co tuxpaint

@s que me coñecedes xa sabedes que son «superfan» de TuxPaint.

Neste blog xa falei máis dunha vez do programa. Hoxe acabo de instalar a nova versión.

Botade unha ollada ás ferramentas «máxicas» hai unha morea de cousas novas moi interesantes.

Veña, a debuxar!!! 😉

NAVEGADORES KIDZ CD

Logo dos navegadores kidz CD

Dos mesmos creadores do ZAC BROWSER (1) preséntovos hoxe os navegadores KIDZ CD.

Kidz CD son navegadores web especialmente deseñados para nenos e nenas en catro versións.

Kidz CD 1 para nenos e nenas de 0 a 6 anos

Kidz CD 2 para nenos e nenas de 7 a 12  anos

Kidz CD 3 para nenos e nenas de máis de 13 anos (sen chat)

Kidz CD 4 para nenos e nenas de máis de 13 anos (con chat)

Os programas conteñen accesos directos a páxinas web axeitadas a cada franxa de idade e sobre temas diversos (contos,xogos on line, música, animais, deportes, manualidades e arte…)

A versión 4 contén xogor e actividades que requiren interactuar con outros usuarios de internet. Se ista opción non é do teu agrado instala a versión 3 que non a inclúe.

Ao igual que o ZAC parecenme unhas opcións moi atractivas para traballar co EDI (Encerado Dixital Interactivo) Pódense descargar gratuitamente da súas respectivas páxina

Amósovos un par de exemplos para que teñades unha idea.


Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do ZAC :

http://www.zacbrowser.com/es/index.html

(2) Enlace á páxina de Kidz CD :

http://www.kidzcd.com/

ESCRITORIO VIRTUAL

Estás aburrido de ter sempre o mesmo escritorio?

Con Shock Desktop 3D poderas darlle outro aire. Poderás rodar as túas iconas e chocalas unhas con outras.

Moi interesante para usar no EDI (encerado dixital interactivo)

Pódelo descargar gratuítamente da paxina de EDIGa (1) (escritorio 3D)

Aquí tedes un exempliño:

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a zona de descargas de EDIGa :

http://ediga.net/blog/descargas/programas/

(na páxina 2 busca escritorio 3D)

FAITE SUPER!

Super Belén

Queres convertirte nun superheroe ou nunha superheroina?

Esta é a túa oportunidade. So tes que subir a túa fotografía na páxina (1) e xa está!!!

Non salvarás ao mundo pero al menos botarás unhas risas 😛

Poderás verme en plena acción nesta páxina

Non vos teño un aire a Farrah Fawcett (2) nos Ánxeles de Charlie (3) ??? 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace no que poderás convertirte nun Superheroe :

http://www.makemesuper.com/index.html

(2) Enlace á páxina de Farrah Fawcett na wikipedia:

http://es.wikipedia.org/wiki/Farrah_Fawcett

(3) Enlace a unha páxina sobre «Os Ánxeles de Charlie» :

http://derecuerdos.blogspot.com/2006/11/los-angeles-de-charlie.html

PORTADA DE REVISTA

collage2.jpg 

Sempre soñachedes con ser portada do Vogue, National Geography, People, RollingStone ou Cosmopolitan??? Chegouvos a hora!!! 

Grazas a unha aplicación moi sinxela MagMyPic agora podedes ser protagonistas da vosa revista preferida.

So tedes que subir a foto que queirades, elexir a portada da revista e…. listo!

Sr. Sapoconcho espero verte na RollingStone de pandereteiro 😉

fonte María Barceló

TUX PAINT

dibu.png 

Os que me coñecedes sabedes canto me gusta TUX PAINT pois agora coa nova versión gústame (se cabe) aínda máis.

Probádea! Non deixedes de «xogar» coas novas opcións de Máxicas.

Se necesitades axuda para crear os vosos propios selos ou cos sons non dubidedes en preguntar.

Espero que vos guste!

SONOWEB

No blog de María Barceló volvo a descubrir unha ferramenta fantástica, Sonoweb que transforma os post dun blog nun arquivo de audio.

Me parece que pode ter moitas posibilidades non só, como din na páxina para poder realizar outras tarefas mentras escoitamos os contidos dun blog, se non tamén para utilizar os blogs con alumn@s con necesidades educativas especiais e alumn@s de infantil

Que vos parece?

ademáis sabe falar galego 😉