Publicar en Internet

computer.gif 

Lendo a María Barceló descubro una aplicación supersinxela para publicar en Internet, trátase de Jottit . Só tes que escribir, a aplicación asignate unha dirección aleatoria e listo! Sen rexistros, gratuíta…. un chollo!!! je je

Non se poden facer grandes páxinas nin deseños maravillosos pero penso que pode ser unha ferramenta útil para que @s nos@s alumn@s publiquen.

No mesmo blog, María, nos fala tamén dunha páxina interesante Vídeos educativos trátase dunha recopilación de vídeos educativos organizados por materias.

TUX PAINT

andrea.png
                                               Debuxo feito por Andrea

Tux Paint é un dos meus programas favoritos, no só porque é software libre senón, sobre todo, porque podes personalizar os selos e «tunear» calquera imaxen e facer unha montaxe sen necesidade do potochop.

Sempre o ensino nos meus cursos e traballei con él en tódolos coles nos que estiven pero agora, a nova versión e aínda máis xenial. Os selos tamén inclúen sons. Por defecto veñen en inglés o que é fantástico para os que somos teachers pero existe a posibilidade de incluir o son que queiramos, a igual cos selos.

So temos que gardar na carpeta de selos a imaxe (.png) e o arquivo de son (.wav) co mesmo nome.

Aquí tedes un exemplo de montaxe (iba a facer unha tipo «tomate» pero quedaba pouco educativa así que tunei un cole je je)

montaxe.png

Esta outra (aínda que no non o creades je je)  ao picar no peixe escoitábase «colorea este peixe como máis che guste»

peixe.jpg