Batalugu

Onte grazas a leer.es coñecín unha ferramenta moi interesante:

BATALUGU no que podes crear os teus propios contos en liña. Podes usar as túas imaxes ou as imaxes que trae o programa.

Aínda non está rematado pero non me puiden resisitir a amosarmos a miña primeira «obra» 😛

So ten un pequeno problemiña, unha vez finalizado pódese compartir en google +, facebook, twitter ou por correo pero non incrustalo directamente nun blog.

Portada do libro realizado en Batalugu

Stop motion para pequen@s

Paso a Paso é unha ferramenta interactiva para o ensino  que permite aos nenos aprender e experimentar con diferentes conxuntos de elementos que usan animación. O seu obxectivo é empregar o físico eo resultado da animación animación en stop motion para pechar a lagoa entre conceptos abstractos de matemáticas, física ou artes ea realidade.

Pas A Pas from Ishac Bertran on Vimeo.

A verdade é que mola moito. Eu quero un!!!

Enlace á páxina do proxecto:

http://www.pasapas-project.com/

Lesson Activity Toolkit en español

toolkit

Un dos problemas cos que se atopaban os/as mestres á hora de deseñar actividades coas ferramentas do lesson activity toolkit era que estaban en inglés.

Agora xa non hai desculpa, as toolkit están en español!!!

Terás que descargar o paquete (xa que nas actualizacións non vai aparecer)

Vai ao enlace de descarga  – tamén o podes atopar páxina de Smart –  descarga o zip, descomprime e segue as instruccións (moi doado, igual que cando actualizas)

Cando termine a actualización aparecerá unha carpeta no apartado «o meu contido» que pon LAT 2.0 ESP

lat

e a deseñar!!

Yappr

No blogue escuela 2.0 acabo de descubrir este interasante recurso para os/as «teachers»

Trátase de yappr na que se poden visualizar vídeos á vez que vemos a letra do mesmo e a tradución ao castelán.

Hai que rexistrarse para utilizar a páxina pero o rexistro é gratuíto.

yappr