Xoga coas fotos

disfrazado

Gústame tanto xogar coas fotos que os meus amigos/as cando atopan algunha páxina destas para xogar, cando marisquean pola rede pasanme o enlace para terme entretida ji ji ji. Graciñas Felo!! 😉

Nesta ocasión trátase de piZap (1). So tes que subir unha foto (o usar unha das que xa trae a aplicación) que empezar a poñerlle cousiñas, que si uns ollos, que se unha boca, o pelo…. en fin o que queiras

O resultado pode ser moi divertido! (bota unha ollada á galería e verás.

Por certo sabes quen é o da foto?? Sí, sí é o mismisimo….. 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de piZap:

http://pizap.com/

REDETIC

Logo de Redetic

Facía xa algún tempo que quería falarvos do cambio, non só de look, da páxina de redetic (1)

Nótase a man dos nosos queridos compañeiros Abraham e Jose 😉

Agora redetic non é unha simple páxina web sobre TICs se non que se convirte nunha verdadeira rede onde nós, os usuari@s, podemos contribuir a tecer esta rede para que se convirta nun lugar de referencia e repositorio de recursos educativos.

Á vosa disposición hai documentos dos proxectos TIC, videos educativos, anuncios sobre cursos, foros, cursos de autoformación (moi interesante!!) e unha morea de recursos máis.

Non deixedes de engadila aos vosos favoritos

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de RedeTic: http://centros.edu.xunta.es/contidos/redetic/

PALE 2008

Bilingües
Imaxe do Profesor Potachov de Moldavia

Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)

Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.

Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.

Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.

Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/ 

KARAOKE NO EDI

Soy una taza. Karaoke para Edi

A estas alturas supoño que xa sabedes canto me gusta facer bailar «ao persoal» cando teño un obradoiro de EDI. Ademais de ELMO (1) agora tamén convirto aos asistentes nun completo menaxe de cociña 😛

Se queredes bailar pola vosa conta, acabo de subir a EDIGa (2) a versión que fixen do Karaoke para que a poidades descargar.

Espero que vos guste.

Enlaces que se citan:

(1) Post anterior sobre ELMO

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2008/06/24/elmo

(2) Enlace á páxina de EDIGa onde podedes descargar «Soy una taza»

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=353

PINTA CUADROS FAMOSOS

Cuadro de Romero Brito

Nun post anterior (1)  prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso «estilo» e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)

1º Busca o cuadro que queiras «re-pintar» e gardao no teu ordenador.

2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/  e elixe «photo to sketch» examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.

3º Para pintalo tes dúas opcións:

  • abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
  • convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.

Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos

(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/

(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:

http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html

PICTAPS

Aquí tedes unha ferramenta interesante para usar cos vosos alumnos.
É sinxelo e moi divertido.

(Este non o fixen eu pero mola)

DOCENTIA

logo2007_225_2.gif

12,13 e 14 de abril no IFEVI Vigo

O máis destacable da sesión Docentia@TIC  foi a intervención de Juan J. Fernández e Abraham Domínguez mostrándonos os seus traballos en TADEGa donde teñen un caderno fantástico.

Abraham tamén ensinou os proxectos do seu centro o CEIP de Laredo (Chapela)

Houbo tamén unha presentación de pizarras interactivas eBeam algunha das súas características paréceme moi interesante.

Hoxe era o turno de aulas con software  patrocinado por GroupVision. A xornada foi interesante contou coa presencia do maestro Pere Marqués e compañeiros que coma Felo (Clase Blanca) mostraronnos o que están facendo nas súas aulas. Non faltaron lendas nesto do uso das TIC nas aulas como poden ser Jose Manuel Bouzan (Ardora) Manolo Paz (Edugaliza) ou a xente do CRA de Ponteceso e outros compañeir@s se cadra menos coñecidos pero con moitas ganas e ilusión está a facer uso das pizarras dixitais na súa labor docente diaria. (disculpade por non poñer os vosos nomes)

A visita ao salón vale a pena aínda que só sexa para visitar o stand de Smart e ver como está o distribuidor das pizarras …. dan gañas de levarse unha para casa! 😉 😛

Se queredes leer un resumo moito máis amplo visitade http://www.galpon.org/modules/news/article.php?storyid=559