A escaleira

No mundo educativo teño uns cantos referentes, non, non pensedes en gurús da educación, os meus referentes son «profes peatóns» que imprimen moito corazón e moita paixón en todo o que fan.

Un destes referentes é Rafa Sánchez-Agustino, todos os seus traballos teñen unha seña de identidade: a sensibilidade dun artista.

Ademais, dende que está no CEIP A Lama forma con Cristina Campos un tándem perfecto.

Agora dáselles pola animación, e se o ano pasado nos sorprendían con «A vella Lulula» este ano fan o propio con «A escaleira» unha adaptación espectacular para curta de animación do conto orixinal de Beatriz Montero.

Realizada polos alumnos de 1º curso de primaria e 4º de infantil do CEIP «A Lama», para o concurso «Nós tamén creamos», convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO, coa colaboración de CRTVG.

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Count on me

Esta tempada non dou feito, ando con tanto lío que non teño tempo para publicar nada pero sigo aquí eh.

Así que comparto este video para que saibades que podedes seguir «counting on me» 😉