Batalugu

Onte grazas a leer.es coñecín unha ferramenta moi interesante:

BATALUGU no que podes crear os teus propios contos en liña. Podes usar as túas imaxes ou as imaxes que trae o programa.

Aínda non está rematado pero non me puiden resisitir a amosarmos a miña primeira «obra» 😛

So ten un pequeno problemiña, unha vez finalizado pódese compartir en google +, facebook, twitter ou por correo pero non incrustalo directamente nun blog.

Portada do libro realizado en Batalugu

My favourite books


http://www.madenglishouse.eu/books.pdf

Press here!

Non é maxia. É o poder da  imaxinación! Preme aquí.Iso mesmo. Só tes que premer o punto amarelo e pasar páxina. So tes que seguir as instrucións e embarcarte nunha viaxe máxica! Estes son os pasos e embarcan nunha viaxe máxica! Cada páxina deste  sorprendente irresistible libro instrúe ao lector para presionar os puntos, axitar as páxinas, inclinalos, e mesmo soplarlles, quen sabe o que vai pasar! Ler en voz alta -diversión para calquera idade!

Caracol e vermiño

Caracol comía unha folla verde, enorme e saborosa. Vermiño comía outra igual, que resultou ser a mesma. Come por un lado, come polo outro e, como non, de súpeto atopáronse fronte a fronte, e con cara de poucos amigos. Pero mentres discuten, a pomba come por un lado e come polo outro…

Caracol e vermiño

Boa opción para traballar estos días cos máis pequenos.

Tamén dispoñible en castelán, inglés e frances.