Elmo

Elmo é o meu fiel axudante nos cursos de EDI. Axúdame a romper ese xeo inicial e a crear un clima divertido e agradable.

Aquí tedes unha recopilación das mestras e mestres que este ano bailaron con el.

Non están tod@s @s que bailaron pero sí tod@s os que aparecen bailaron con ELMO.

Graciñas a tod@s por entender o meu xeito de traballar.

OBRADOIRO ACCESIBILIDADE WEB

Logo TaDeGa

Hoxe tivemos o obradoiro sobre accesibilidade web en Pontevedra a cargo dos amigos de TaDeGa.

Eu terei que repetir obradoiro porque éste, está claro, suspendín. (a culpa tuvoa o catering 😛 )

A accesibilidade web era un tema que tiña sempre na cabeza, pero non tiña nin idea de como facer unha web accesible nin onde aprender.

Hoxe xa teño algúnha idea máis, pero terei que leer os apuntamentos e un par de libros para enterarme ben e non volver a poñer o de preme aquí je je

Esta claro que son cousas que non se consiguen da noite para a mañán pero será algo, que un montón de nós, teremos na cabeza cando publiquemos algo na web.

O mellor de todo, coma sempre, poñerlle cara ás persoas que so coñecemos virtualmente e ver aos amig@s que se deixan liar para estas historias e coñecer xente nova (incluso darse conta de que coñeces a xente que non sabías que coñecías, verdade Ana Belén ?)

Foi un pracer darlle un abrazo a Inés (mamiago) desculpa por non falar máis contigo (temos un café tranquilo pendente), charlar con Abraham e Felo coma sempre unha delicia, graciñas Paco e Nati (por prestarnos o CEFORE)

E MIL GRAZAS A JUAN POLA SÚA XENEROSIDADE

(se serve como comezo para facerme un pouco máis accesible xa quitei o reloxo e acabo de crear unha carpeta nos favoritos co taw je je)

XORNADAS CLIL

clil.jpg

 

Este venres e sábado celébrouse no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas sobre  «O ensino Clil, seccións bilingües»

A conferencia inagural estivo ao cargo do «showman» David Marsh da  Universidade de Jyväskylä en Finlandia. Dun modo moi ameno e nun perfecto inglés (por algo é australiano je je) explicou as orixes do Clil en Europa e un montón de anécdotas moi divertidas que fixeron que a súa non fose unha típica conferencia tostón, aínda que o contido quedou un pouco solapado polos chistes.

Despois Xabier San Isidro (asesor de linguas estranxeiras da Consellería) presentou a nova páxina de linguas estranxeiras e analizou a situación actual en Galicia (xa sabedes un pouco de …. que bos somos, que ben o facemos… je je)

O sábado pola mañá tivemos o pracer de escoitar a Carmen Alario que nos fixo reflexionar sobre as «gafas» que debemos regalar aos nosos alumnos para que vexan o mundo dende moitas perspectivas e Isabel Pérez que ten un páxina estupenda, referencia indispensable nos favoritos dos teachers (nos meus leva dende os meus comezos neste mundo) Isabel ensinounos un montón de recursos e materiais para utilizar na aula e aprendín algo que vía por ahí pero non sabía o que era nin para que servía del.icio.us (os teus favoritos pero en internet, dispoñibles para que os uses ou os usen, os teus alumnos ou calquera )

Tamén puiden escoitar a Alberto Lanzat do IES Los Manantiales (Torremolinos) que nos falou da situacíon de multilingüismo e multiculturalidade do seu centro. No seu instituto pódense escoitar 31 idiomas diferentes!!!! 

Gregorio Miranda do CP Pedro de Valdivia de Castuera (Badajoz) Isabel Vázquez do CEIP Praia Xardín de Boiro e José Antonio Barral do CEIP Frei Luis de Granada en Sarria relataronnos as súas experiencias en aulas bilingües.

XORNADAS DE ENSINO

ficciones-chatnatacha-okif.jpg 

Durante toda a semán celebráronse no CEIP Mestres Goldar de Vigo as Xornadas de Ensino organizadas pola CIG e a AS-PG

Alí tiven o pracer de compartir unhas sesións intensas con 25 compañeiros descubrindo as posibilidades que nos ofrece o Encerado Dixital

A semán foi dura (aínda non temos collido o ritmo de traballo je je) pero espero que fose proveitosa para tod@s @s asistentes non só pola recopilación de material que ía no CD je je (Actividades do CEIP de Arzua, do Cra de Ponteceso, do Portal de Contidos, e as miñas propias (proximamente nas súas pantallas 😉 )

Graciñas a tod@s pola vosa asistencia e por aturarme e tamén á dirección do centro polo trato recibido.

Xa sabedes onde estou se precisades calquera cousa.

INFORENSINO

inforensinosma.gif 

Durante toda a finde semán celebróuse en Lugo a VII xornadas de Inforensino.

Durante 3 días déronse cita no Pazo de congresos de Lugo uha morea de mestres «abducidos» por isto das TICs.

Tiven o pracer de compartir estas xornadas con amigos como Nati e Toño (redactor dixital), coñecer a Fran Macías, creador do LIM (entre outras cousas) Felo Couto de La clase blanca e tamén puiden saudar aos compañeiros de EDIga, Abraham (CEIP Laredo) e Jose (CRA de Ponteceso) Coma sempre nestes eventos hai ponencias que te gustan moito, outras non tanto pero sempre son unha boa ocasión para compartir experiencias cos compañeir@s

EducaParty 2007

cabeceramailing.gif 

En colaboración con la UIMP de Santander, Fundación Telefónica y EducaRed organizan EducaParty 2007, un curso de formación en integración curricular de las TIC que se celebrará en el entorno del Palacio de la Magdalena, Santander, los días 3 y 4 de septiembre de 2007. Habrá importantes nuevos contenidos sobre educación con la web 2.0 y durante dos días los profesores podrán realizar gran cantidad de actividades formativas, lúdicas y culturales. Además, se está gestionando la concesión de dos créditos del MEC.

Desde la página web de EducaParty 2007 podrá consultar toda la información así como realizar su inscripción on line. 

Logotipos de EducaRed Logotipos de Fundaci�n Telef�nica Logotipos de UIMP

 Imos aló?? 😉