Lesson Activity Toolkit en español

toolkit

Un dos problemas cos que se atopaban os/as mestres á hora de deseñar actividades coas ferramentas do lesson activity toolkit era que estaban en inglés.

Agora xa non hai desculpa, as toolkit están en español!!!

Terás que descargar o paquete (xa que nas actualizacións non vai aparecer)

Vai ao enlace de descarga  – tamén o podes atopar páxina de Smart –  descarga o zip, descomprime e segue as instruccións (moi doado, igual que cando actualizas)

Cando termine a actualización aparecerá unha carpeta no apartado «o meu contido» que pon LAT 2.0 ESP

lat

e a deseñar!!

Oca Uxío Novoneyra

Un dos grupos cos que estou traballando este ano, o do CEIP de Cedeira en Redondela [1], sorprendeume gratamente cunha oca para o EDI sobre Uxío Novoneyra. Parabéns compañeiros/as polo traballo, e graciñas por compartilo.

Oca Uxío Novoneyra

Podedes descargala do seguinte enlace:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecedeira/files/u1/OCA_UXIO_NOVONEYRA.notebook

Tira o dado, move o teu esquío e escoita a pregunta (premendo no recuadro amarelo) para comprobar se a resposta é correcta preme no recuadro verde.

Vai do Courel a  Compostela de Uxío a Uxío movendo o teu esquío 😉

Para poder ver a actividade teredes que ter instalado o software da Smart (Notebook 10)

Enlaces que se citan:

[1] Enlace á páxina do CEIP de Cedeira:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdecedeira/

Fíodor, o gato con armadura

Gústame saír a mariscar pola rede, pero teño un defecto. Ás veces encho as nasas con capturas exquisitas pero non anoto de que mares proveñen.

Hoxe, navegando polo disco duro, atopei un material para educación infantil, Fíodor (1), unha aplicación educativa deseñada por Balbino de Oro Martín.

fiodor o gato

Todas as actividades son moi intuitivas e abarcan o currículo de infantil.

Xiran entorno a Fíodor, un gato con armadura que recorre as salas dun castelo. Dirixe a Fíodor hacía unha porta que abrira unha actividade ou nalgún caso outro menú.

Idioma: castelán.

No que eu teño descargado inclúe tamén unha guía didáctica pero que na web non a vexo (se alguén está interesado non ten máis que pedila)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web de Fíodor:

http://www.telefonica.net/web2/fiodorelgato/index.html