Nova versión Lesson Activity Toolkit

Xa está disponible a versión 2.0 do Lesson Activity Toolkit

Inclúe melloras de actividades que xa tiña e algunhas novidades moi interesantes.Xenial sobre todo as actividades nas que se poden incluir imaxes (que tanto botabamos en falta en infantil)

Para actualizar o toolkit deixovos neste vídeo as instruccións. É moi sinxelo pero se tedes algún problema non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.

Do mesmo modo podedes actualizar a galería que tamén inclúe imaxes novas.

O CEIP FONTES BAIÑA tamén baila

Custoume chegar ao CEIP Fontes Baiña (1). Volvín ver a Virxe da Rocha(2)(creo que non ía dende as excursións da cataqueses 😛 ) pero pagou a pena porque gocei moito da sesión de EDI.

Virxe da Rocha

Espero que os mestres o pasaran tan ben coma min, e que aprenderan algo claro 😉

Unha grupo estupendo. Xa sabedes onde ando se necesitades algo:  

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do cole:

http://atartarugalectora.blogspot.com/

(2) Páxina sobre a Virxen da Rocha en Baiona:

http://www.mercaba.org/MARIANA/Galicia/roca_bayona.htm 

Para todo lo demás….

Este ben podería ser un anuncio deses de mastercard, porque aínda que tamén bailan as compañeiras do CEIP Sestelo-Baión (1) e do CEIP Torre Illa (2), ver bailar ás miñas compas do Vagalume (3) …… iso non ten prezo! 😉 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do CEIP Sestelo- Baión:

http://sestelo-baion.nireblog.com/

(2) Enlace á páxina do CEIP Torre Illa:

http://centros.edu.xunta.es/ceiptorreilla/

(3) Enlace ao blog do Vagalume:

http://eeivagalume.blogia.com/

Enlaces

Xa estou de volta coas pilas recargadas despois de turistear por London (a verdade que é unha cidade que vale a pena unha escapadiña de cando en vez 😉 )

Quero compartir con vós unhas aplicacións moi chusquiñas feitas por Carmen (1) que serven para usar tanto no ordenador coma no encerado dixital

Se queredes facer que neve na Lanzada so tedes que visitar: http://xoaninhas1.blogspot.com

Neve na Lanzada

Para xogar coa lúa e as ondas do mar: http://xoaninhas.blogspot.com/

Lúa e mar

Para escoitar unha canción de berce e xogar co móbil: http://xoaninhas2.blogspot.com/

Móbil de berce con lúa, sol e estrela

Caleidoscopio: http://xoaninhas3.blogspot.com

Caleidoscopio

Para xogar coa fotografía da Praza da Leña de Pontevedra: http://xoaninhas5.blogspot.com/

Fotografía da Praza da Leña de Pontevedra

Carmen ten ademáis unha canle de TV na que podedes ver vídeos moi interesantes. http://luscofuscotv.blogspot.com/

Enlaces que se citan:

(1) Blogs da profe Carmen:

Cando o mar peta na porta (Blog de sexto curso de primaria) http://omarpetanaporta.blogspot.com/

A casa de dona Lisa (Blog de infantil) http://acasadedonalisa.blogspot.com/

PALE 2008

Bilingües
Imaxe do Profesor Potachov de Moldavia

Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)

Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.

Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.

Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.

Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/linguasestranxeiras/