KARAOKE NO EDI

Soy una taza. Karaoke para Edi

A estas alturas supoño que xa sabedes canto me gusta facer bailar «ao persoal» cando teño un obradoiro de EDI. Ademais de ELMO (1) agora tamén convirto aos asistentes nun completo menaxe de cociña 😛

Se queredes bailar pola vosa conta, acabo de subir a EDIGa (2) a versión que fixen do Karaoke para que a poidades descargar.

Espero que vos guste.

Enlaces que se citan:

(1) Post anterior sobre ELMO

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2008/06/24/elmo

(2) Enlace á páxina de EDIGa onde podedes descargar «Soy una taza»

http://ediga.net/gestor/index.php?act=view&id=353

PINTA CUADROS FAMOSOS

Cuadro de Romero Brito

Nun post anterior (1)  prometín contarvos como pintar cuadros famosos no EDI con voso «estilo» e como o prometido é deuda, hoxe deixovos un vídeo que explica como se fai. Tamén se pode utilizar para pintar fotos (3)

1º Busca o cuadro que queiras «re-pintar» e gardao no teu ordenador.

2º Vai á páxina http://www.dumpr.net/  e elixe «photo to sketch» examina e vai á carpeta onde teñas o cuadro. Cando estea listo volve a gardalo.

3º Para pintalo tes dúas opcións:

  • abrilo co Notebook e pintar ao teu gusto (como no video)
  • convertilo nun selo de tux paint e pintalo co programa.

Para facer este exemplo utilizouse un cuadro do pintor brasileiro Romero Brito (2)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post anterior onde se falaba desta páxina: http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2008/10/04/tunea-as-tuas-fotos

(2) Enlace á páxina oficial do pintor Romero Brito: http://www.britto.com/

(3) Enlace ao blog da profe Uxía onde podedes ver un exemplo cunha foto:

http://sereassencadeas.blogspot.com/2008/11/maquillmonos.html

FASHION

Captura de pantalla da páxina

Queres deseñar os teus propios «modeliños»?? (1)

Emula @s grandes modist@s  e divírtete deseñando a túa propia colección de roupa.

Deixate seducir polas cores de moda e enche o teu armario dunha explosión de color! 😛

Ideal para facelo no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina para deseñar moda:

http://www.stardoll.com/es/starDesign.php?pid=25524

MANS CHEAS DE…

Será porque este ano non estou no cole que teño a necesidade de contarvos cousas que soía facer c@s pequen@s.

Xogabamos a ter as mans cheas de pintura, música, purpurina, bolboretas, area …. e un montón de cousas máis.

Déixovos un video que fixeron @s peques de tres anos do Vagalume (1) pintando na páxina (2) como Jackson Pollock (3)

O que máis boto de menos son as súas cariñas mirando ás mans con expresión de sorpresa e ledicia. 🙂

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog da EEI Vagalume: http://eeivagalume.blogia.com/

(2) Enlace á páxina para poder pintar como Jackson Pollock: http://www.jacksonpollock.org/

(3) Enlace á páxina da wikipedia con información sobre Jackson Pollock:

http://es.wikipedia.org/wiki/Jackson_Pollock

MÁIS NOVIDADES NOTEBOOK

Pizarra

A versión 10 do Notebook (1) de Smart para o EDI (Encerado Dixital Interactivo) ten novas características interesantes que intentarei ir mostrandovos pouco a pouco.

O Activity toolkit (1) (que xa se usaba na versión 9.7) tamén mellorou notablemente. Como va vos ensinei nun post anterior, inclúe novas actividades e mellora algunhas como o «Aforcado» que agora ademáis do tomatazo, tamén pode ser unha tanda de penaltis ou uns lanzamentos de tiros libres de basket, así que xa sabedes….. a xogar!!!

Ah! deixovos tamén un enlace (2) dun estupendo manual de emprego didáctico do EDI  que fixo un compañeiro de foro, (José Mª Santa Olalla) que seguro vos vai ser de moita axuda (en castelán)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace para descargar o software do Notebook:

http://www2.smarttech.com/st/en-US/Support/Downloads/default.htm

(2) Enlace para descargar o Activity toolkit:

http://www.education.smarttech.com/ste/en-US/Ed%2BResource/Lesson%2Bresources/toolkit/download.htm

(3) Enlace á paxina do tutorial sobre o manexo didáctico do EDI

http://platea.pntic.mec.es/jolall1/smart/

ACTIVIDADES CO HOT POINT

Hoxe descubrín para que servía o HOT POINT que hai no Activity toolkit do EDI (encerado dixital interactivo)

Que sensación tan guachi cando se aprende algo, verdade?

Déixovos un video de mostra de dúas actividades que se poden facer con el. Non sei porque pero me sae mellor a de English que a de Xeografía, por que será??? ji ji ji

Elmo

Elmo é o meu fiel axudante nos cursos de EDI. Axúdame a romper ese xeo inicial e a crear un clima divertido e agradable.

Aquí tedes unha recopilación das mestras e mestres que este ano bailaron con el.

Non están tod@s @s que bailaron pero sí tod@s os que aparecen bailaron con ELMO.

Graciñas a tod@s por entender o meu xeito de traballar.