A escaleira

No mundo educativo teño uns cantos referentes, non, non pensedes en gurús da educación, os meus referentes son «profes peatóns» que imprimen moito corazón e moita paixón en todo o que fan.

Un destes referentes é Rafa Sánchez-Agustino, todos os seus traballos teñen unha seña de identidade: a sensibilidade dun artista.

Ademais, dende que está no CEIP A Lama forma con Cristina Campos un tándem perfecto.

Agora dáselles pola animación, e se o ano pasado nos sorprendían con «A vella Lulula» este ano fan o propio con «A escaleira» unha adaptación espectacular para curta de animación do conto orixinal de Beatriz Montero.

Realizada polos alumnos de 1º curso de primaria e 4º de infantil do CEIP «A Lama», para o concurso «Nós tamén creamos», convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO, coa colaboración de CRTVG.

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Falarei

Hoxe quería compartir un par de traballos moi interesantes dos Equipos de Dinamización da Lingua,

Por un lado EU FALAREI do IES Chapela. Unha historia moi orixinal transformada en  lipdup coa música de «I will survive» de Gloria Gaynor

E polo outro lado unha historia en stop motion do Colexio Andersen

Un Son from MusicaAndersen on Vimeo.

Letras Galegas 2011

Lois Pereiro

Parece que no CEIP de Laredo non pensaron coma min «ufff que autor máis díficil para traballar» cando me enterei do autor ao que se lle adicaba as Letras Galegas deste ano e púxeronse a facer materiais. Menudo traballazo!!! Os carteis son unha pasada e xa adornan os corredores de moitos coles.

Parabéns ao equipo de Laredo polo traballo e graciñas a Abraham por compartilo.

Enlace á páxina do CEIP de Laredo con todo o material sobre Lois Pereiro