Xandre, o elefante sen sombra

Xandre

Un día, coma outro calquera naceu un elefante chamado Xandre.

Efectivamente, un día coma outro calquera, alguén de TADEGa (1) propuxo que fixeramos contos, e alguén máis leu un BOE (2)cunha convocatoria do MEC (3)  para a elaboración de materiais que axuden a comprensión lectora….. e ahí xa a liamos!!!

Os TADEGuianos e TADEGuianas somos moi dados a embarcarnos en “aventuras” educativas e alá que fomos, como diría Buzzlightyear (4) “ata o infinito e máis alá”

Despois de 9 meses (sí, efectivamente, tratouse dun embarazo en toda regla) naceu Xandre, o noso elefantiño.

XandreXandre, é un proxecto cheo de ilusión, de esforzo, de traballo, de risas e discusións.

Xandre é un CONTO, un conto para todos e todas.

Intentamos que cada persoa que se achegue a Xandre poida disfrutalo por completo. Por iso temos versión en galego e castelán, utilizamos o sistema pictográfico, temos unha versión en lingua de señas (galego e castelán)

Ademais ofrece moitas actividades complementarias, XOGANDOXistra, CON XANDRE (comprensión lectora, xogos cos pictos, xogos coas sombras, actividades sobre as personaxes, sobre diversidade……etc)

Xandre, ten ademais unha páxina web http://www.contosdexandre.net/  que nos gustaría compartir con todos/as vós. Se lle contades o conto de Xandre ao voso alumnado, fillos/as, sobriños/as, netos/as ou demais familia, gustaríanos que nolo contasedes que se fora posible aportarades documentos gráficos (fotos, videos) da experiencia.

XeniaNesa web tamén irán aparecendo todas as novedades que haxa sobre Xandre, que espero sexan moitas.

Estamos abertos/as a suxerencias. Coa axuda de todos/as poderemos facer que Xandre nos conte máis aventuras!!!!

Espero que vos guste e que disfrutedes tanto de Xandre como nós.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a web de TADEGa:

http://tadega.net/

(2) Enlace á páxina do BOE (Boletín Oficial do Estado)

http://www.boe.es/

(3) Enlace á páxina do MEC (Ministerio de Educación )

http://www.educacion.es/portada.html

(4) Enlace á paxina da wikipedia sobre Buzzlightyear

http://es.wikipedia.org/wiki/Buzz_Lightyear

Lelo en galego

Lelo

Acordádesvos de Lelo??? (1) aquel burriño que lle cantaba ás estacións no video de flocos.tv (2)

Pois grazas a unha das súas creadoras, Xana, entereime que agora xa o temos en galego. Parabéns!

Podédelo atopar na páxina http://animacam.tv/index.php onde ademáis hai máis curtas de animación. Non todas as que alí aparecen son axeitadas pero no apartado de prescolar hai cousas interesantes.

Graciñas Xana pola achega (esperamos máis aventuras de Lelo 😉 )

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao post sobre Lelo :

http://www.madenglishouse.eu/bitacora/post/2009/03/22/lelo-e-as-estacions

(2) Enlace á páxina de flocos tv:

http://flocos.tv/categoria/animacion/

O pais dos pequenos

Cando o vin en directo dixen: ” a ver cando poñen esto no “iutub” para poder poñelo no meu blog.

Hoxe o Sr. Sapoconcho(1) despexou a dúbida.

Eu sempre digo que cada quen fale o que lle dea a gaña pero en palabras de Belén Regueira presentadora de O pais dos ananos, soa moito mellor….. “so o que sabe pode escoller….”

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog do Sr. Sapoconcho:

http://ourizosechicaros.blogspot.com/

Máis Letras Galegas 09

Moucho Frianon Galeguizado

Dende que o Mouchiño Frianón chegou ao CEIP Frian Teis están totalmente hiperacTICvos

Nesta ocasión ofrécennos esta fantástica escolma de recursos para traballar as Letras Galegas(1).

Creo, ademais, que o Mouchiño tennos gardada algunha sorpresiña. Estamos desexando que nola mostre!

Non deixedes de “curiosear” pola web que teñen unha morea de cousas interesantes que están a facer.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace a escolma de recursos do CEIP Frian:

http://centros.edu.xunta.es/ceipfrian/?q=category/13/163

LETRAS GALEGAS 2009

Ramón Piñéiro López

Este ano o día das Letras está adicado a Ramón Piñeiro López (1)

Coma sempre, os compañeiros do Seminario Galán (2) nos ofrecen un material moi útil para traballar o autor.

A teacher Begoña (3) tamén aproveitou para facer un LIM sobre o tema e compartiuno con nós.

Podedes atopar máis información nestas páxinas (4)

Da man da Teacher Rosa do CEIP Chans-Bembrive chegan todas estas ligazóns (5)

Non vos perdades este video:

Enlaces que se citan:

(1)Enlace á páxina da wikipedia sobre Ramón Piñeiro López:

http://es.wikipedia.org/wiki/Ram%C3%B3n_Pi%C3%B1eiro

(2) Enlace á páxina sobre Ramón Piñeiro do Seminario Galán:

http://www.seminariogalan.org/

(3) Enlace ao blog da teacher Begoña:

http://cruz-recuncho.nireblog.com/post/2009/04/25/letras-galegas

(4) Enlace á páxina sobre Ramón Piñeiro:

http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados/escritores/ramon_pineiro_lopez.html

(5) Enlace á páxina con ligazóns do Chans:

http://centros.edu.xunta.es/ceipdechans.bembrive/prov/webs_letras_galegas.htm