Como non atopo o video da campaña deste ano, poño este que a pesares de ter varios anos segue sendo impactante.
Material para traballar o tema da violencia de xénero nas aulas: APREN-D
Selección de contos para EI e EP
Páxina con material interesante: http://www.educandoenigualdad.com/
Escolma de libros : http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/folleto_libros.pdf
Carteis de diferentes campañas atopadas pola rede:
e para rematar unha canción que a pesar da dureza dos feitos que relata encántame.
Tolinha, eu tampouco atopei o deste ano, quería algo que lle poidese poñer aos meus pero que non fose demasiado explícito e non dou atopado nada. Ollarei os teus enlaces. Un biquiño e graciñas por compartir.
Por un día que non tería que estar no calendario. A nós pasanos o mesmo que Ana, non atopamos nada que se lles poida poñer aos nenos tan pequenos. Un bico.
Mirade en:
https://sites.google.com/site/igualdadecoeducacion/
http://educacioninfantilriadevigo.blogspot.com/2011/11/actividades-para-celebrar-o-dia.html
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=106470
a ver se atopades algo que sirva
Bicos