Xornadas eTwinning

etwinning.jpg

Acabo de chegar das Xornadas sobre eTwinning coa cabeza chea de información. Algunha moi interesantes, outra non tanto….  pero sobre todo cunha serie de reflexións sobre o que estamos a facer e o que AINDA nos queda.

Unha das cousas máis «sorprendentes» (por así decilo) foi que un dos colegas portugueses sinalase dous programas feitos por compañeiros galegos Ardora e LIM. Está ben eso de que nos «vendan» dende o estranxeiro pero estaría xenial ter o apoio «dos nosos»  non si?

Estas xornadas sempre son positivas xa que serven de punto de encontro cos colegas e das charlas, sobre todo durante o café, surxen interesantes iniciativas.

Salientar tamén o ben que nos tratou a Consellería (non sempre imos criticar je je)

2 pensamientos en “Xornadas eTwinning

  1. Meu deus, que cousas máis raras dicides @s informátic@s! Twinning??? Que será iso??? En infantil temos diso??? Nacemos con el? Está nas rebaixas? je, je, je. Un saúdo.

  2. Ehhh Sapoconcho, non te equivoques que eu non son informática, só unha simple mestra, eso sí abducida, recordas??
    O eTwinning é para os de infantil, para os de primaria, para os de aquí, para os de alá, para os músicos, para os deportistas…. en fin para todos!! 😉

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *