XORNADAS CLIL

clil.jpg

 

Este venres e sábado celébrouse no Pazo de Congresos de Santiago as Xornadas sobre  «O ensino Clil, seccións bilingües»

A conferencia inagural estivo ao cargo do «showman» David Marsh da  Universidade de Jyväskylä en Finlandia. Dun modo moi ameno e nun perfecto inglés (por algo é australiano je je) explicou as orixes do Clil en Europa e un montón de anécdotas moi divertidas que fixeron que a súa non fose unha típica conferencia tostón, aínda que o contido quedou un pouco solapado polos chistes.

Despois Xabier San Isidro (asesor de linguas estranxeiras da Consellería) presentou a nova páxina de linguas estranxeiras e analizou a situación actual en Galicia (xa sabedes un pouco de …. que bos somos, que ben o facemos… je je)

O sábado pola mañá tivemos o pracer de escoitar a Carmen Alario que nos fixo reflexionar sobre as «gafas» que debemos regalar aos nosos alumnos para que vexan o mundo dende moitas perspectivas e Isabel Pérez que ten un páxina estupenda, referencia indispensable nos favoritos dos teachers (nos meus leva dende os meus comezos neste mundo) Isabel ensinounos un montón de recursos e materiais para utilizar na aula e aprendín algo que vía por ahí pero non sabía o que era nin para que servía del.icio.us (os teus favoritos pero en internet, dispoñibles para que os uses ou os usen, os teus alumnos ou calquera )

Tamén puiden escoitar a Alberto Lanzat do IES Los Manantiales (Torremolinos) que nos falou da situacíon de multilingüismo e multiculturalidade do seu centro. No seu instituto pódense escoitar 31 idiomas diferentes!!!! 

Gregorio Miranda do CP Pedro de Valdivia de Castuera (Badajoz) Isabel Vázquez do CEIP Praia Xardín de Boiro e José Antonio Barral do CEIP Frei Luis de Granada en Sarria relataronnos as súas experiencias en aulas bilingües.

2 comentarios en “XORNADAS CLIL

  1. hola Blanca, gracias por tus comentarios. En el viaje de vuelta hoy he revisado la ppt y me he dado cuenta hasta qué punto me faltaron cosas por decir, con los nervios que cogí dudando si se podría oir con el tema del audio. Pero bueno, ya veo que algunas cosas os llegaron y me alegra mucho. Un abrazo y espero que nos veamos en otra ocasión.
    isabel

Responder a sapoconcho Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *