Graciñas a Chus por incluirme na súa lista de blogs solidarios e cumprindo coas normas de funcionamento do premio, expoño as regras de participación:
-Nominar a sete persoas que un crea que teñen blogs solidarios e enviarlles un correo electrónico para que se decaten do premio.
-Os premiados deberán entregar o premio á súa vez a outros sete bloggers da súa elección.
-Os premiados deberán publicar un post no seu blog (colocar a imaxe do blog solidario é opcional)
Os meus sete blogs solidarios son:
O redactor dixital (por amosarme e iniciarme o apasionante mundo dos blogs )
Mela (por compartir tantos proxectos)
Tendal de calcetíns (para apoiar esta nova singladura polo oceáno da blogosfera, e porque Chus xa nominou a escola de caracois je je)
Ediga (por ser un referente para @s que usamos o EDI )
TadeGA (porque o merecen )
Ourizos e chícharos (por pandereteiro 😉 )
Esperando con ilusión (por moitas razóns )
Vostede sí que o merece.
Moitas grazas Sr. Tolinha! Estase ganando vostede un concerto de pandereta (será necesario levar tapóns para os oídos).
Moitas felicidades por este merecido premio. Bikos.
Graciñas rula, espero que sigamos compartindo moitos máis.
Grazas polo recoñecemento… O teu si que ten mérito.
Saúdos.