SONOWEB

No blog de María Barceló volvo a descubrir unha ferramenta fantástica, Sonoweb que transforma os post dun blog nun arquivo de audio.

Me parece que pode ter moitas posibilidades non só, como din na páxina para poder realizar outras tarefas mentras escoitamos os contidos dun blog, se non tamén para utilizar os blogs con alumn@s con necesidades educativas especiais e alumn@s de infantil

Que vos parece?

ademáis sabe falar galego 😉

5 pensamientos en “SONOWEB

  1. Ola. Son Juan, de TADEGa.net
    A idea aparentemente é boa… pero non tanto. Dunha parte o «plugin» tal e como está deseñado insírese no blog dun xeito que queda inaccesible (o código interno que hai que copiar na web incumple certas normativas de accesibilidade) e, por outra banda, as persoas cegas sempre tiveron esta opción sen que a teñamos que explicitar nós dende as nosas webs, pois eles instanlan nos seus ordenadores unha maquiniña virtual que lé en voz alta calquera texto escrito que apreza tanto no ordenador en xeral como nas páxinas web en particular…

    De todos modos co Joaquim Fonoll andamos a mirar un lector de textos e imaxes apto para varias discapacidades (non só visuais) e, ao mellor, podemos aproveitar algo deste material.

    Bicos
    Juan.

  2. Boas Juan, primeiro graciñas por pasarte por aquí a botar unha ollada.
    Eu son unha ignorante en canto a accesibilidade así que moitas grazas pola aclaración. Ademáis da posibilidade de utilizalo con NEE que ten os inconvintes que acabas de decirnos eu tiña en mente os meus «enanos» que aínda non saben ler e me pareceu interesante, aínda que estou segura que o que fagades con Fonoll será moito máis axeitado.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *