FAI OS TEUS PROPIOS VIDEOCLIPS

Ultimamente teño este tinglado un pouco «desatendido» (demasiadas cousas por facer) pero sigo investigando e xa fai tempo que tiña ganas de comentarvos o novo descubrimento.

A raíz dun video sobre a Conferencia eTwinning de Bucarest (1) descubrín unha aplicación moi interesante para a creación de videos (on line) a partires das vosas fotos.

Chámase ANIMOTO (2) e despois de rexistrarse permíteche facer un video curto coas túas imaxes ao ritmo da música que ti decidas. O resultado é bastante parecido a un videoclip, todo un montaxe «pofesional»

Os videos que xeneran pódense descargar, engadir as bitácoras, enviar por correo….

O exemplo que vos poño e algo moi sinxelo que acabo de facer para o blog da escola (3) para que teñades unha idea (xa non son horas de facer birguerías 😛 )

Enlaces que se citan:

(1) Enlace de youtube ao  Video da conferencia eTwinning en Bucarest

http://es.youtube.com/watch?v=bo6A_IMEYXI 

(2) Enlace á páxina web da aplicación

http://www.animoto.com

(3) Enlace á bitácora do meu cole

http://eeivagalume.blogia.com


4 comentarios en “FAI OS TEUS PROPIOS VIDEOCLIPS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *