Hoxe comezo unha nova categoría no meu blog: CONTOS
Gustariame compartir con vós os contos que máis me gusta contar e non podía empezar por outro xeito que non fose «The very hungry caterpillar» de Eric Carle (encántanme todos os contos deste home, xa vos ensinarei máis)
Teñoo en varios formatos, conto en papel, coa oruga e as comidas en 3D, coa oruga e as comidas para contar nun franelograma, DVD e como non versión propia para o EDI (1)
Tamén teño algún material para traballar o conto (2)
Gústame tanto que o ano pasado realicei un experimento con el. Déixovos o video.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace para descargar o conto para o EDI:
- Galego:
(2) Enlace ao material sobre o conto
- Páxina con diferente material para traballar o conto: http://www.dltk-teach.com/books/hungrycaterpillar/index.htm (a páxina está en inglés pero ten imaxes moi interesantes)
- Páxina con ideas para traballar o conto (en inglés): http://www.teachingheart.net/veryhungrycaterpillar.html
- Diferentes videos do conto:
- Versión orixinal: http://www.youtube.com/watch?v=o21mhV_wh_4
- http://www.youtube.com/watch?v=2sv2OCG-GDc e moitas máis que poderedes atopar en youtube (todas en inglés)
franelograma? iso que é? un conto de franela?
A verdade que é un «palabro» ben raro. En resumen, teño as pezas do conto cun velcro por detrás para que se poidan pegar no franelograma (panel de tela) ou no seu defecto (que era como eu facía a maior parte das veces) na bufanda da teacher jejejeje
fantástica idea la de comentar cuentos en el blog y estupenda elección la de la pequena oruga glotona; en el cole la utilizo para seguir las rutinas, ya sabes, eso que hacemos en infantil para ver cuántos niños vinieron a clase, los que se quedaron en casa, qué día es…como en el cuento aparecen los días de la semana asociados a una fruta,resulta divertido aprenderse los días y, al mismo tiempo, inculcar hábitos alimenticios saludables. bueno, perdona por el rollo. como supongo que hay muchas profes que trabajan el cuento en clase, se me ocurre que se podría hacer una recopilación de narraciones tanto en inglés, castellano, gallego…y colgarlas en el blog, qué te parece?
Eres unha fenómena… non coñezo a moitos mestres con semellante experimento!! No seu día xa me pareceu abraiante a atencion e como seguen o fío…
Norabora, e grazas tamén por deixar as actividades no xestor de EDIGA, a disposicion de todas e todos co usuario colabora e pass colabora.
Isabel, non hai rollo é un conto que permite traballar tantas cousas que merece un blog enteiro jeje. Todas as suxerencias son ben recibidas, se queres mandarme algo xa sabes
Felo, gracias a ti, tí sí que eres un FENÓMENO! 😉
Ou os alumnos son moi bos, ou a mestra e moi boa… ou ámbalas dúas. Impresionante! Deixasme sen palabras, é alucinante ver TANTOS nenos e nenas seguindo o conto en Inglés! As veces infravaloramos o que os nenos poden facer, despois disto… uf non teñen fronteira. Espero que pronto pase este aniño…
Vaaaaaaaale, vou mercar o libro!! 🙂
Graciñas rula.Hoxe a mañá useino nas clases de inmersión cunha nena e encantoulle.
¿Para cando o teu vídeo?
Bicos
Hello Belén:
First of all, thank you very much for sending me information about Smart Board…
Noraboa polo teu Blog… hai cousas moi interesantes e útiles para os English Teachers e outros… Acabo de incorporala como link no noso blog Destination Belgium http://visiting-belgium.blogspot.com
Invitamoste a visitar tamén o Blog da nosa biblioteca Escolar: A biblioteca de Libruxa
Espero que che guste…
Unha aperta.