O COELLIÑO BRANCO

O coelliño branco

«Érase unha vez un coelliño branco. Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño e cando volveu a casa atopou a porta pechada e petou.-Quen é? – preguntou unha voz desde dentro….»

O coelliño_branco

Este é outro dos meus contos favoritos. Adaptado dun conto popular portugués por Xosé Ballesteros (Vigo, 1956) e ilustrado por Oscar Villán (Ourense 1972) (1) recibiu o premio nacional de ilustración en 1999.

Coello branco

Traducido a moitos idiomas tamén se publicou, adaptado por BATA, na colección Makakiños de Kalandraka (2), unha iniciativa para facilitar a lectura a persoas con autismo e outras discapacidades intelectuais.

Coello branco e amigos

Deste aínda non teño versión EDI pero non deixedes de ver o video que fixo Belén (unha das miñas alumnas aventaxadas 😉 ) na páxina do seu cole (3 )

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de Óscar Villán:

http://ovillan.com/libros/o-coellino-branco/

(2)Enlace á páxina de Kalandraka:

http://www.kalandraka.com/

(3) Enlace á páxina da EEI Samieira da profe Belén Velasco

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/video/teatro.mpg

2 pensamientos en “O COELLIÑO BRANCO

  1. Este é un dos preferidos do meu neno, ten a versión de Makakiños e dos catro desa colección é o que mais lle gusta. Que chulada o proxecto que me mostraches. No dubides que che pedirei algún conto, pero cando teña mais tempo e póñolle os pictos…jejeje

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *