XORNADAS AGPETAL – TADEGa

Xornadas Agpetal - Tadega

 Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.

Dende TADEGa temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional

Los temas a tratar en esencia son:

  • Audición e linguaxe.
  • TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
  • SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación).
  • Atención a alumnado con implante coclear.
  • Foros activos de experiencias TIC.

Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros.

A matrícula dá dereito á:

  • Asistencia ás XII Xornadas.
  • Carpeta de documentación e traballo.
  • Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa.
    (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña).

No enlace a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas.

Tríptico informativo das xornadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat):
[Enlace].

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *