A casa da mosca chosca

Portada

A casa da mosca chosca é outro deses títulos imprescindibles en calquera andel que se prece.

Unha adaptación de Eva Mejuto a partires dun conto popular ruso. As ilustracións son de Sergio Mora (1) e está editado por Kalandraka (2).

Trátase dunha historia moi divertida e orixinal na que a protagonista, a Mosca Chosca, constrúe a súa propia casa. Organiza unha festa para inaugurar o seu novo fogar e por alí van pasando o Escaravello revello, o Morcego Chairego, o Sapo Castrapo, a Moucha Repoucha, a Raposa Chistosa, o Lobicán Pillabán e…..

Raposa              Sapo

Conto acumulativo ideal non só para contar se non tamén para representar.  moscachosca.jpg

Quen poderá ser ese oso con pinta de larpeiro??? 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do ilustrador Sergio Mora: http://www.sergiomora.com/

(2 ) Enlace á páxina da editorial Kalandraka: http://www.kalandraka.com/

1 comentario en “A casa da mosca chosca

  1. Pero que salaos.
    Es estupendo el cuento. Ni se las veces que lo habremos leido! y ahora cuando David (mi peque) llama al timbre siempre le digo «A quien hago mi visita?, quién vive en esta casita?».
    Un besote guapa

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *