Día Mundial dos Docentes

Hoxe é o día Mundial dos Docentes

Comparto o vídeo da Internacional de Educación «Todo empeza con bos docentes»

O lema deste ano «Unámonos pola Educación pública. Una educación pública de calidade para un mundo mellor» non podía ser máis acertado.

Abierto por vacaciones

Como cada ano nesta época o portal da Junta de Castilla y León, ofrécenos un montón de actividades para encher o tempo de lecer dos pequenos.

Fai clic na imaxe ou no enlace para acceder a todas as actividades e divírtete!!Captura

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Verano2013/index.html

Enlaces ás actividades doutros anos:

2012: http://www.madenglishouse.eu/bitacora/?p=1572

2011: http://www.madenglishouse.eu/bitacora/?p=793

 

A escaleira

No mundo educativo teño uns cantos referentes, non, non pensedes en gurús da educación, os meus referentes son «profes peatóns» que imprimen moito corazón e moita paixón en todo o que fan.

Un destes referentes é Rafa Sánchez-Agustino, todos os seus traballos teñen unha seña de identidade: a sensibilidade dun artista.

Ademais, dende que está no CEIP A Lama forma con Cristina Campos un tándem perfecto.

Agora dáselles pola animación, e se o ano pasado nos sorprendían con «A vella Lulula» este ano fan o propio con «A escaleira» unha adaptación espectacular para curta de animación do conto orixinal de Beatriz Montero.

Realizada polos alumnos de 1º curso de primaria e 4º de infantil do CEIP «A Lama», para o concurso «Nós tamén creamos», convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial OQO, coa colaboración de CRTVG.

A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.