I CONGRESO TADEGa

Coruxo

Levo algún tempo sen escribir neste caderno, e o motivo non foi outro que estar inmersa na organización do I CONGRESO TADEGa (1)

Hoxe, xa de resaca, e coa sensibilidade a flor de pel despois de todo o escoitado na última mesa quero agradecer a TADEGa, e sobre todo ao Cheriff JUAN, que contara conmigo para este proxecto.

Foi un traballo duro pero amplamente recompensado.

Coñecer a os «tres monstruos marcianos» (Emilio, Javier e Manolo) e aprender das súas mans algo máis sobre diversidade, usabilidade, accesibilidade, e tantas outras cousas …..

O privilexio que vai a supoñer para os socios e socias de TADEGa poder utilizar dun xeito gratuíto o gran potencial que ten aumentativa.net (2)

Espero a Consellería asine moi pronto un convenio con DIVERTIC e  todo o profesorado galego dispoña tamén deste acceso.

A demostración de Manolo Gómez do que se pode facer con tan só un par de clics deixou abraiado a todo o aforo. Vémonos en TECNONEET! (3)

Volver a estar cos compañeiros e compañeiras de TADEGa coñecer a outros que aínda non coñecía foi un verdadeiro placer.

As camisetas diseñadas por Uxía foron o toque «especial» do congreso (ao final non fixemos a foto con elas postas 🙁

Quero aproveitar tamén para dar a benvida aos novos socios e socias.

e mil grazas a todas e todos por ser e por estar guino.gif

 Podedes ver algunhas fotos do evento no meu album web de picasa (4)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina do congreso de TADEGa :

http://www.tadega.net/congreso2008.php?lang=gl&esti=b

(2) Enlace á páxina de aumentativa:

http://www.aumentativa.net/

(3) Enlace á páxina do congreso TECNONEET 2008:

http://congreso.tecnoneet.org/

(4) Enlace ao meu álbum web con fotos do congreso.

http://picasaweb.google.com/belenjunquera

7 comentarios en “I CONGRESO TADEGa

  1. Hola Belen, queria felicitarvos a tod@s os de Tadega polo gran congreso que fixestes.
    Falei contigo o sabado (son o amigo de Belen de Padrón)
    Un saudo e a seguir asi.

  2. Ola Belén:

    Só dúas cousiñas moi curtas, mínimas.

    Graciñas en nome da xunta directiva da asociación polo teu traballo neste congreso.

    Graciñas en nome propio polo teu traballo e humanidade desbordantes. Inesquecible e impagable.

    Juan.

  3. Graciñas por todo , polo congreso, pola confianza, pola paciencia, por estar pendente de todo , polo teu traballo no congreso. Vemonos en TECNONET

  4. Graciñas Javier, alegrámonos moito que che gustara. Os vosos comentarios son os que dan forzas para seguir traballando e intentar que o 2º congreso sexa mellor.

  5. Teño moitas preguntas.
    Uxía é a q fai todos os debuxos q aparecen en tadega (os logos)?

    Quen é o q aparece ao teu lado nas fotos das camisetas? Pq pouco a pouco vanse coñecendo caras como Susana e Manuel do grupo sementeira, Uxía,etc.

    Parabéns a todos!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *