Dentro do amplo abano de posibilidades de formación dentro do Congreso TECNONEET (1) había un taller moi «peculiar» FOAMY
Foamy é un novo programa para a elaboración de material didáctico. Non necesita instalación nin actualizacións periódicas, so precisa de gusto pola estética e unha pequena habilidade dixital, por suposto!
Para poder utilizar este programa descargadeo de calquera tenda de manualidades, de momento non existe unha versión gratuita, nin siquiera freeware. Aplicar calor para conseguir volumen, un link con pegamento por aquí un flash de rotu por alá e xa podedes «uplodear» (:P) as vosas creacións aos vosos cadernos de bitácoras.
Un grupo de tadeguianos e tadeguianas estivemos neste taller levad@s pola curiosidade.
Como podedes observar nas imaxes trátase de tecnoloxía dixital punta (non hai máis que fixarse na foto de Manuel e o seu dedo 😛 )
Atención a tecnoloxía DIXITAL empregada polo noso compañeiro
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina web do congreso TECNONEET http://congreso.tecnoneet.org/
jeje… que guapas as camisetas… tou desexando ver ises uploads 😉
Este Felo pisoume o comentario. Mola veros a todos e todas coas camisetas.
Foamy es estupendo!!
Me alegro de que la muñeca llegara bien y te gustase. Un beso