UN AVÓ ESPECIAL

Foto do grupo Migallas

«MIGALLAS TEATRO» REPRESENTARÁ  NO AUDITORIO DE CAIXANOVA DE PONTEVEDRA O SEU ESPECTÁCULO PARA PÚBLICO FAMILIAR «UN AVÓ ESPECIAL» ESTE SÁBADO 11 DE OUTUBRO ÁS 19.00 H. DENTRO DAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR FAGAL CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER. 
 «Un avó especial» é un espectáculo creado por Migallas Teatro (1)  e AFAPO (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra) (2)  e dirixido a rapaces maiores de 6 anos, no que se aborda o tema da enfermidade do Alzheimer co obxectivo de axudar a comprender situacións que moitas familias poden vivir no seu contorno. Malia a seriedade do tema que trata ten un enfoque humorístico que persegue fomentar actitudes optimistas para afrontar os problemas da doenza e amosar a importancia que teñen os/as nenos/as para que os maiores vivan momentos felices.  
A parte da enfermidade, tamén se trata o tema da relación entre os/as nenos/as e os/as vellos/as en xeral así como diferentes modos de educar os rapaces por parte dos membros da familia. Os avós preséntanse como transmisores da sabedoría tradicional e peculiar de cada pobo fronte á uniformidade cultural imposta pola publicidade e os medios de comunicación. Ditos tradicionais, lerias e enredos son un elemento máis da obra.  

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina de Migallas: www.migallas.com

(2) Enlace á páxina da asociación FAGAL : www.fagal.org  

3 comentarios en “UN AVÓ ESPECIAL

  1. Gracias guapa! De vuelta a la rutina y a la lluvia (bueno, hoy luce el sol para variar) pero con energías renovadas, unas vacaciones estupendas, lo que hecho yo de menos a Lorenzo!
    Un besote

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *