A Consellería de Educación madrileña para fomentar o bilingüísmo firmou un convenio con Telemadrid.
Ó longo do curso escolar retrasmitiránse series de animación actuais en inglés con subtítulos tamén en inglés. A segunda canle da televisión autonómica, La Otra, emite entre as 17.30 e as 18.00 series para nenos e nenas de 8 a 14 anos como: Xiaoling, La Máscara, Legión de Superhéroes, X-Men, Shaggy y Scooby e Vaca y Pollo.
Ademais na páxina da Consellería podedes descargar un ficheiro de actividades.
Para os que non teñades a posibilidade de ver La Otra, no voso televisor sempre nos queda a trasmisión por internet.
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina da Consellería de Madrid
http://www.educa.madrid.org/web/formacion/dibujosanimados/index.html
(2) Enlace á páxina de Telemadrid: