Internet como recurso na área de Lingua Galega

O curso que estivemos a facer sobre Internet como recurso na área de Lingua Galega resultou moi interesante. Variado e ameno, mostrounos un amplo abano de posibilidades para utilizar as novas tecnoloxías na nosa língua. 

Pola miña parte a ferramenta que máis me gustou foi o Ardora. Aínda que oira falar del, non o tiña utilizado. Pareceme unha ferramenta con moito potencial, resulta moi sinxelo de utilizar e ofrece unha morea e posibilidades. Empezarei a diseñar actividades en canto teña un pouquiño de esa cousa…. como lle chaman? Ah sí, … TEMPO! je je  

Gustaríame tamén que esta boa iniciativa por parte de Paco de dinamizar os cursos e fomentar o uso das novas tecnoloxías unha vez rematados (todos sabemos onde acaba o que aprendemos cando non se practica) se vexa reflexada nas blogs.  

Se en algo vos podo axudar non dubidedes en contactar conmigo.

  Así que dende aquí moito ánimo e veña…… a bloguear!!!      

2 comentarios en “Internet como recurso na área de Lingua Galega

  1. desde logo que si. coincido cos dous.
    estou á espectativa. agardo polas creacións dos compañeiros. recibiredes novas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *