TUX PAINT

andrea.png
                                               Debuxo feito por Andrea

Tux Paint é un dos meus programas favoritos, no só porque é software libre senón, sobre todo, porque podes personalizar os selos e «tunear» calquera imaxen e facer unha montaxe sen necesidade do potochop.

Sempre o ensino nos meus cursos e traballei con él en tódolos coles nos que estiven pero agora, a nova versión e aínda máis xenial. Os selos tamén inclúen sons. Por defecto veñen en inglés o que é fantástico para os que somos teachers pero existe a posibilidade de incluir o son que queiramos, a igual cos selos.

So temos que gardar na carpeta de selos a imaxe (.png) e o arquivo de son (.wav) co mesmo nome.

Aquí tedes un exemplo de montaxe (iba a facer unha tipo «tomate» pero quedaba pouco educativa así que tunei un cole je je)

montaxe.png

Esta outra (aínda que no non o creades je je)  ao picar no peixe escoitábase «colorea este peixe como máis che guste»

peixe.jpg

2 comentarios en “TUX PAINT

  1. Muuuu chuli¡¡¡
    Hoxe os profes das Xornadas de Ensino da C.I.G en Santiago tamén puideron probalo por fín¡¡¡¡
    Aínda que os ordenadores non deixaban descargar o programa si que puideron usalo ó «cortarlo e pegalo» dende un «pincho» (así lle chama ó lápiz USB un dos profes que veñen ó curso).
    Vou probar o dos sons que aínda non probara.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *