SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Cartel Salon do libro 09

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009

O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,(1)  no que Portugal será o país convidado.

Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo.

O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo da inauguración que tivo lugar onte.

A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.

O programa é amplo e moi variado, paga a pena unha visita.

EEI Samieira

Aportación da Escola de Educación Infantil Samieira (3) e da Escola de Educación Infantil Sartal ao salón do libro. 

Enlaces que se citan:

(1) Páxina do Salón do libro:

http://www.salondolibro.org/

(2) Páxina oficial da escritora Fina Casalderrey:

http://fina.casalderrey.com/

(3) Enlace á páxina da EEI Samieira:

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/

3 comentarios en “SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

  1. Xa teño as fotos do salón na Blog dos peques.
    Procurei sacar todos os traballos, espero que non quedara nada atrás.
    Bicos
    Mela

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *