MANS CHEAS DE…

Será porque este ano non estou no cole que teño a necesidade de contarvos cousas que soía facer c@s pequen@s.

Xogabamos a ter as mans cheas de pintura, música, purpurina, bolboretas, area …. e un montón de cousas máis.

Déixovos un video que fixeron @s peques de tres anos do Vagalume (1) pintando na páxina (2) como Jackson Pollock (3)

O que máis boto de menos son as súas cariñas mirando ás mans con expresión de sorpresa e ledicia. 🙂

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao blog da EEI Vagalume: http://eeivagalume.blogia.com/

(2) Enlace á páxina para poder pintar como Jackson Pollock: http://www.jacksonpollock.org/

(3) Enlace á páxina da wikipedia con información sobre Jackson Pollock:

http://es.wikipedia.org/wiki/Jackson_Pollock