A BAILAR!

Comezan a bailar @s primeir@s profes da temporada.

@s que o ano pasado bailachedes con Elmo non vos ides librar, este ano toca ser unha taza je je

FASHION

Captura de pantalla da páxina

Queres deseñar os teus propios «modeliños»?? (1)

Emula @s grandes modist@s  e divírtete deseñando a túa propia colección de roupa.

Deixate seducir polas cores de moda e enche o teu armario dunha explosión de color! 😛

Ideal para facelo no EDI (Encerado Dixital Interactivo)

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina para deseñar moda:

http://www.stardoll.com/es/starDesign.php?pid=25524

FOTO MONTAXES

Montaxe

Se, como a min che gusta facer montaxes con fotos e queres botar unhas risas coas túas propias imaxes ou coas d@s teus amig@s, non deixes de visitar a páxina de Photofunia (1)

Poderás transfrormarte na Mona Lisa, aparecer na camiseta de Madonna, convertirte en Superman, aparecer en valos publicitarios e ata convertirte mesmo en Johny Depp en Piratas do Caribe.

Proba, arrincarás o sorriso de quen as vexa, non é así amig@s? 😉

 Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina onde se poden realizar todas as montaxes:

http://www.photofunia.com/

FAITE SUPER!

Super Belén

Queres convertirte nun superheroe ou nunha superheroina?

Esta é a túa oportunidade. So tes que subir a túa fotografía na páxina (1) e xa está!!!

Non salvarás ao mundo pero al menos botarás unhas risas 😛

Poderás verme en plena acción nesta páxina

Non vos teño un aire a Farrah Fawcett (2) nos Ánxeles de Charlie (3) ??? 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace no que poderás convertirte nun Superheroe :

http://www.makemesuper.com/index.html

(2) Enlace á páxina de Farrah Fawcett na wikipedia:

http://es.wikipedia.org/wiki/Farrah_Fawcett

(3) Enlace a unha páxina sobre «Os Ánxeles de Charlie» :

http://derecuerdos.blogspot.com/2006/11/los-angeles-de-charlie.html

FOAMY 3.0

Dentro do amplo abano de posibilidades de formación dentro do Congreso TECNONEET (1) había un taller moi «peculiar» FOAMY

Foamy é un novo programa para a elaboración de material didáctico. Non necesita instalación nin actualizacións periódicas, so precisa de gusto pola estética e unha pequena habilidade dixital, por suposto!

Para poder utilizar este programa descargadeo de calquera tenda de manualidades, de momento non existe unha versión gratuita, nin siquiera freeware. Aplicar calor para conseguir volumen, un link con pegamento por aquí un flash de rotu por alá e xa podedes  «uplodear» (:P) as vosas creacións aos vosos cadernos de bitácoras.  

Un grupo de tadeguianos e tadeguianas estivemos neste taller levad@s pola curiosidade.

Como podedes observar nas imaxes trátase de tecnoloxía dixital punta (non hai máis que fixarse na foto de Manuel e o seu dedo 😛 )

Susana usando foamy 3.0

Ana e Susana practicando Foamy

Esther investigando con Foamy 3.0

Atención a tecnoloxía DIXITAL empregada polo noso compañeiroManuel e a tecnoloxía dixital

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina web do congreso TECNONEET http://congreso.tecnoneet.org/

8 de marzo

Viñeta de Forges sobre a situación da muller 

Como é posible que a estas alturas se convoquen cursos como este??

Curso para ser una mujer 10 

(aínda que se miramos que o oferta xa non é tan rara a cousa 😛 )

e o que é aínda peor, como é posible que un concello subvencione algo que teña que ver con este tipo de cousas???

A min dame igual eso da pariedade, se hai tantos ministros, ministras ou menestras no goberno. O que me importa é que haxa persoas dispostas a traballar e a facer ben as cousas.

Só espero que o curso non se realice por falta de candidatas je je

Se ser unha muller 10 supón ter que saber coser, planchar e facer unha compra «intelixente» para manter o tipo e que todas sexamos Barbies…… seguirei sendo unha muller 9

FELIZ DÍA MULLERES

iJAM

 ijam.jpg

Xa está aquí o máis revolucionario do software nos últimos anos iJAM.5Js

Non vos perdades a visita guiada nin as demáis ferramentas da familia iJAM

Apurade pronto estarán esgotados coma os mandos da Wii. Admitense envíos ao meu domicilio aínda que sexa o iJam nano 😉

Me lo llevo!