Non puido ser!!

tarjeta.jpg

Aquí estou no mesmo Bucarest escoitando ás gañadoras do premio etwinning, e non é o noso proxecto «kids h@nd in h@nd» (1)
Outro proxecto galego «My town, your town. Our lives in a calendar» (2)  foi o gañador na categoría de 4 a 9 anos.

 Parabéns Aurora!!

Comezaba esta entrada fai uns días en Bucarest pero ata hoxe non puiden rematala.

Decir agora que o menos importante foi non ganar pode parecer falso, pero sinceiramente, a pesares de que me gustaría ganar, sobre todo polos nen@s e Lieven (merecíao despois de tanto traballo) é a verdade.

Coñecer por fin ao «Dream Team» (Lieven, Vilenka, Sasha, Erika, Margo e Tiiu ) despois de tres anos traballando xunt@s  xa foi un premio especial para min. (Mela tamén é parte do equipo pero con ela teño a sorte de traballar máis preto 😛 )

Coñecer ás rapazas do servicio nacional Beatriz e Concha, aos 10 premios nacionais ( Adelino, Beatriz, Conchita, Cristina, Fina, Inma, Joaquín, José Luis, Montse, Piedad, Roberto) e as risas que botamos xuntos, fixeron que pasar un fin de semana «secuestrados» nun hotel de Bucarest pagara á pena 😛

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á web do proxecto «Kids h@nd in h@nd» no enderezo : http://www.sip.be/STAManD/feelings/kidshandinhand.htm

(2) Enlace á web do servicio nacional etwinning no que falan dos premios.

http://etwinning.cnice.mec.es/noticias/premios.php 

A TELE

tele.gif

Unha non se decata das tonterías que dí hasta que se ve na tele.

(Por non falar da cala de molete coa que sales)

A reportaxe gústoume moito, e os nenos e nenas do cole de Baión estiveron moi ben.

Parabéns para eles e graciñas a Mª José Paratcha polo trato e a reportaxe.

RUMBO A BUCAREST

hands.jpg

Hoxe, despois dunha semana de moito traballo ( Entroido, día da Paz, cursos e demáis) recibín unha noticia estupenda.

Un dos proxectos etwinning no que participei o curso pasado é finalista dos premios etwinning

O proxecto, «kids h@nd in h@nd» promovido e coordinado por Lieven Van Parys xa gañou o Global Junior Challenge (como vos contei nunha entrada anterior)

Os gañadores revelaranse na ceremonia de entrega de premios durante a Conferencia anual eTwinning que terá lugar en Bucarest (Rumanía) do 14 ao 16 de marzo e a que estou convidada por formar parte do proxecto.

Non sei se gañaremos pero ter a oportunidade de coñecer a Lieven (co que levo tres anos traballando) e os demáis compañeir@s xa é todo un premio

Que nervios!! Vou a Rumanía!! Teño o inglés oxidado!! Ufff

GLOBAL JUNIOR CHALLENGE

logo.jpg 

Estou moi contenta, acábome de enterar que un dos proxectos eTwinning nos que participo, «Kids h@nd in h@nd»  acadou o primeiro premio mundial na categoría de «ata 10 anos» no Global Junior Challenge. Outro proxecto «Zoo» do mesmo promotor Lieven Van Parys  (no que participei) tamén estaba entre os finalistas.

 Congratulations Lieven !!!

lievenenmarsha.jpg 

                   Este é Lieven e Marsha (a socia de Israel) no Concello de Roma recollendo o premio. Pola tarde foi recibido polo Presidente no seu Pazo, wow!!