O MAGOSTO

Espantallo de castañas

Acabou o Halloween/Samaín pero nos coles xa estan todos os mestres de cabeza buscando recursos para a seguinte festividade “O Magosto”

Colgante do magosto
 

Aquí tedes algúns recursos que tiña gardados, espero que vos sirvan.

Unidade didáctica sobre o magosto.

A castaña que rebentou de risa; conto e actividades

Imaxes de froitos do outono para colorear.

Imaxes de follas

Imaxes de follas2

Castañeira, imaxes para conto

Outono, debuxos de froitos e fichas (castelán)

Poema sobre o magosto

Día de magosto (Xosé Antón Vicente)

Unidade didáctica e presentación power point sobre castañas (castelán)

 

Moitos teñen a autoría no propio recurso, outros non me lembro de onde os saquei así que mil desculpas @s autor@s

 

 

OBRA DE ARTE

Retrato

Hoxe regaláronme unha verdadeira obra de arte.

Non se trata dun Matisse, un Van Gogh ou un Picasso (en todo caso pareceríase máis a un Botero 😛 ) pero para min ten máis valor que calquera deles.

Cando entrei na clase de tres anos, Claudia acercouse e díxome:

– Teacher, toma es para ti. Eres TÚ!!

Caeume a babiña, claro.

Non sei se é que ando un pouco sensible pero eu véxome moi favorecida, vos que dicides? 😉

Volta ao cole!!!

Xa estou de volta, totalmente relaxada despois dun mes sen «case» tocar o ordenata (todo un record je je) e coas pilas a tope para o curso que está a piques de comezar (boa falta farán….)

Hoxe o Sr. Sapoconcho pasoume un enderezo dun blog que ten un video precioso adicados aos mestres que vale a pena botarlle unha ollada. Espero que vos guste.

Aprender investigando

Por segunda xornada consecutiva as inclemencias do tempo fixeron que remataramos a sesión dunha maneira un pouco «apurada» espero que vos servira, que vos resultara amena e sobre todo que vos anime a crear os vosos propios material e a utilizar as TIC como unha ferramenta máis na vosa tarefa diaria.

Se precisades calquera cousa non dubidedes en poñervos en contacto comigo. Será un pracer botar unha man.

Espero recibir os enderezos dos vosos blogs moi pronto.

Ata cando queirades.