Lyrics, lyrics, lyrics…..

As cancións son unha maneira divertida de aprender inglés

Para este verán hai un par de ofertas interesantes 😉

A teacher Marta amosou o outro día no seu blog unha ferramenta xenial para «xogar» coas cancións.

Lyrics trainning, elixe o video que queiras, elixe a dificultade and … fill in the gaps!! FANTASTIC!!!

A outra é EFL CLASSROOM

Terás acceso a un montón de vídeos como este e ás súas letras


Find more videos like this on EFL CLASSROOM 2.0

Probando windows live writer

Grazas a Rafa (http://www.orecantodeleo.org/) estou probando unha ferramenta para publicar no blog.

Moi útil para adiantar traballo cando non dispós de conexión a internet e no momento que a teñas publicar.

O que máis me gusta é o aspecto visual das fotografías. É necesaria unha conta en hotmail pois aloxa as fotografías no SkyDrive

Día mundial do medio ambiente

O vindeiro 5 de xuño celébrase o «Día Mundial do Medio Ambiente»

Podedes atopar unha morea de recursos visitando  http://www.educacionenvalores.org/spip.php?mot51

Tamén vos deixo un LIM que fixen o ano pasado pero esta vez amplieino tamén a castelán.

http://dl.dropbox.com/u/4518185/medioambiente/medioambiente.html

E un par te recursos máis:

Libro Madre Tierra

Actividades medioambientales