#LAV013

Esta finde non houbo descanso

Estiven no #LAV013 (http://www.senunpeso.org/) no obradoiro de stop motion (http://www.senunpeso.org/lav-2013/obradoiros/animacion-stop-motion.html) con Algarabía animación (http://algarabia-plastilina.blogspot.com.es/)

Aprendín moitas cousiñas que espero poder aplicar nas aulas.
Por alí había moito talento e moitos coñecidos do audiovisual galego.
O noso grupiño tivo o seu minuto de gloria coa pequena proba que fixemos (sei que é unha chorradiña pero entre que eramos novatas, o pouco tempo, e o moito traballo …. está pavero non si? )

 

 

Verdad que sería estupendo…..

Esta é unha canción que sempre me encantou.

Foi unha das primeiras que empreguei nas aulas, fai xa moito tempo (lástima que o vídeo se perdese pois quedara moi chusquiño)

Sempre a recomendo nos recursos para a Paz pero agora acabo de descubrir unha nova versión de Cómplices  con Huecco que non está nada mal.

Verdad que sería estupendo non ter que traballar a Paz nas aulas? 😉

Brincaletras: día da Paz

Captura
Teño a sorte de estar rodeada de amigos/as que non paran, sempre probando, sempre inventando, sempre innovando…
Isto, ás veces, prodúceche certo vertixe pero a maior parte dáche máis forza para seguir traballando(por unha educación pública de calidade)
Un dos que non para de darlle aos miolos e Fran Macías, que este Nadal estivo dándolle voltas ao Brincaletras (un programiña moi interesante para crear os teus propios «pasapalabras»
Toño Vicente, que tampouco para, xa fixo un Brincaletras para o día da PAZ

 

Captura
http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1358337877/contido/diadapaz/index.html
Graciñas aos dous por compartir o voso traballo.

 

Recursos Paz II

Para ter un pouco máis organizados os recursos fixen este symbaloo cos LIMs que teño recopilados axeitados para este día (Ana estou esperando o teu ;-), algunha cancionciña e algún enlace máis.