Xa fai algún tempo da visita pero esquecera subir as fotos.
Archivo de la categoría: Cursos
Nos IES tamén bailan…..
Graciñas!
Esta fin de semana tiven a sorte de compartir relatorio cun dos mellores profesionais dentro do mundo das TICs e da atención a diversidade, Felo Couto.
Sei que el non está moi satisfeito coa nosa “actuación” pero iso nos pasa aos que somos moi esixentes con nós mesmos.
Como sempre digo, todo é susceptible de mellora pero para min foi unha experiencia estupenda.
Graciñas por COMPARTIR, por ENSINAR, por BAILAR, polas RISAS, por AGUANTARME, por APOIARME, por mil cousas máis pero sobre todo …. por SER e por ESTAR
Foi un pracer, repetimos??? 😉
O Xulio Camba tamén baila
CPI de Porriño baila!
O CEIP FONTES BAIÑA tamén baila
Custoume chegar ao CEIP Fontes Baiña (1). Volvín ver a Virxe da Rocha(2)(creo que non ía dende as excursións da cataqueses 😛 ) pero pagou a pena porque gocei moito da sesión de EDI.
Espero que os mestres o pasaran tan ben coma min, e que aprenderan algo claro 😉
Unha grupo estupendo. Xa sabedes onde ando se necesitades algo:
Enlaces que se citan:
(1) Enlace ao blog do cole:
http://atartarugalectora.blogspot.com/
(2) Páxina sobre a Virxen da Rocha en Baiona:
XORNADAS AGPETAL – TADEGa
Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.
Dende TADEGa temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional
Los temas a tratar en esencia son:
- Audición e linguaxe.
- TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación).
- SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación).
- Atención a alumnado con implante coclear.
- Foros activos de experiencias TIC.
Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros.
A matrícula dá dereito á:
- Asistencia ás XII Xornadas.
- Carpeta de documentación e traballo.
- Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa.
(Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña).
No enlace a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas.
Tríptico informativo das xornadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat):
[Enlace].
PALE 2008 (as fotos)
PALE 2008
Esta fin de semán tiven o pracer de traballar cos mestres e mestras do programa PALE 2008 (1)
Para min foi un honor formar parte do grupo de relatores escollidos para guiar aos mestres e mestras nesto das TICs. Traballar con Abraham, Antón, Felo e Jose foi un auténtico pracer.
Espero que os asistentes sairan tan contentos coma nós.
Todo é mellorable pero tanto Xabier San Isidro e Ángeles Abelleira da consellería como Carmen do CFR de Pontevedra estiveron en todo momento pendentes para que todo fose sobre rodas.
Eu non puden reprimirme e fixen bailar, coma de costume, aos asistentes. Prometo fotos proximamente je je je
Enlaces que se citan:
(1) Enlace á páxina de linguas estranxeiras da Consellería:
O CEIP Froebel baila….
Aunque un pouco asustad@s no CEIP Froebel tamén bailaron con Elmo