Xabier P. DoCampo

Xabier do Campo. Foto DNL
                                                                         Foto © DNL

Emotivo discurso (1) de Xabier P. DoCampo na entrega dos Premios Irmandade do Libro en Carballiño.

A verdade que me encanta como fala este home, no só polo que dí senón tamén por como o dí. Tiven a honra de compartir «mesa e mantel» con el un día e asegúrovos que é un pracer escoitalo.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace ao discurso de Xabier P. DoCampo:

http://www.xabier-docampo.net/

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

Cartel Salon do libro 09

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo de 2009

O amor é o tema que centra este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra,(1)  no que Portugal será o país convidado.

Exposicións, conferencias, actividades concertadas, concertos e literatura, moita literatura enriquecen o programa desta X edición que amplía a súa duración do 1 de febreiro ao 15 de marzo.

O colectivo pontevedrés Pavís-Pavós foi o encargado de dirixir o espectáculo da inauguración que tivo lugar onte.

A escritora Fina Casalderrey será a autora homenaxeada este ano.

O programa é amplo e moi variado, paga a pena unha visita.

EEI Samieira

Aportación da Escola de Educación Infantil Samieira (3) e da Escola de Educación Infantil Sartal ao salón do libro. 

Enlaces que se citan:

(1) Páxina do Salón do libro:

http://www.salondolibro.org/

(2) Páxina oficial da escritora Fina Casalderrey:

http://fina.casalderrey.com/

(3) Enlace á páxina da EEI Samieira:

http://centros.edu.xunta.es/eeisamieira/

DIA DO AMOR EN GALICIA

Grazas ao CEIP de Aguiño (1) entérome que hoxe é o día do AMOR en Galicia.

Outra desas xeniais iniciativas que se lle ocorren ao profesorado dese centro. Graciñas por compartilo.

DÍA DA CANDELORIA

2 de febreiro

DÍA DO AMOR EN GALICIA

«Data na que casan os paxaríños…»

Cadro de Romero Brito

 

Festa de orixe celta, preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Segundo a crenza popular, o día da Candeloria casan os paxaros nas arbores.

Para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no periodo invernal.

Refráns relacionados con esta festividade:

  • «Cando a Candeloria chora, metade do inverno vai fora»
  • «Pola Candeloria a metade do inverno vai fóra, se chora ou venta, aínda entra»
  • » A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa»

 

QUÉROTE!!

Equipo de Normalización Lingüística e Equipo de Biblioteca do CEIP de AGuiño

 Enlaces que se citan:

(1) Blogs do CEIP de Aguiño:

http://sereassencadeas.blogspot.com/

http://heroinasdesalvora.blogspot.com/

http://golfinhosdeaguinho.blogspot.com/

http://naufragosdagaiola.blogspot.com/

O MAGOSTO

Espantallo de castañas

Acabou o Halloween/Samaín pero nos coles xa estan todos os mestres de cabeza buscando recursos para a seguinte festividade “O Magosto”

Colgante do magosto
 

Aquí tedes algúns recursos que tiña gardados, espero que vos sirvan.

Unidade didáctica sobre o magosto.

A castaña que rebentou de risa; conto e actividades

Imaxes de froitos do outono para colorear.

Imaxes de follas

Imaxes de follas2

Castañeira, imaxes para conto

Outono, debuxos de froitos e fichas (castelán)

Poema sobre o magosto

Día de magosto (Xosé Antón Vicente)

Unidade didáctica e presentación power point sobre castañas (castelán)

 

Moitos teñen a autoría no propio recurso, outros non me lembro de onde os saquei así que mil desculpas @s autor@s

 

 

SAMAÍN

Antes do Samaín andiven buscando videos e non atopei case nada e agora que andaba a recoller cousas para o magosto aparece este.

Gardadedo para o curso que ven 😛

Uxía, a ti igual te chega a tempo non?

SAMAIN IS HERE

 Bruxa de Halloween Bruxa de Samaín

Como anda a miña cabeciña tola que non me dei conta de que o Halloween/Samaín xa era está semán. 

 

Espero cheguen a tempo estos recursos que vos recomendo, dentro da ampla oferta que hai destas datas.

 Coñece algúns datos sobre a festa na páxina de Vieiros  

Visita o famoso Samaín de Cedeira  non deixes de visitar esta galería de cabazas sorprendentes (pica no ano e verás un montón de cabazas incribles)

Agora que xa tes unha idea podes deseñar a túa propia cabaza con este divertido xogo.

Nesta páxina atoparás unha morea de cousas sobre Halloween, entra se te atreves….. (en inglés)

Recordades a canción aquela de fofito que dicía: “Cuando el reloj marca la una, los esqueletos salen de la tumba…. Pois se queredes  podedes descargala neste enlace. Algunhas ideas para cancións en inglés.

Tamén podedes ler algúns libros como A bruxa do dente ou Indo para o Samaín ou para practicar inglés podedes ver este video

ou estoutro conto que me pasara fai tempo a profe Mela.

Scary Halloween

View SlideShare presentation or Upload your own.

Os maiores podedes visitar esta páxina

          

Algunha cousa máis habería para compartir pero eche o que hai cando unha anda ás carreiras 😛

Espero que vos sirvan!

ORELLA PENDELLA

Logo de Orella Pendella

Da man da profe Uxía (1) e o profe Ramón (2) coñezo unha páxina moi interesante Orella Pendella (3)  sobre ditos, recitados e cancións infantís.

Nela podedes atopar infinidade de ditos, recitados e cancións de tradición oral que forman parte da literatura popular de Galicia

O mellor de todo é que algúns pódense escoitar e ademais podes facer as túas aportacións se coñeces algún que non estea.

Enlaces que se citan:

(1) Enlace á páxina da profe Uxía:

http://www.sereassencadeas.blogspot.com/

(2) Enlace á páxina do profe Ramón:

http://ourizosechicaros.blogspot.com/

(3) Enlace á páxina de Orella Pendella:

MÁIS LETRAS GALEGAS

Alvarez Blazquez

Outro clásico para traballar as letras galegas na aula e Antón Vicente, que ademáis da súa estupenda páxina(1) (compendio dos recursos existentes en galego) cada ano nos agasalla con algún dos seus fantásticos traballos.

Esta vez, non podía ser doutro xeito, propón un xogamos? (2) sobre Xosé María Álvarez Blaquez.

Outra páxina interesante (3) onde podedes atopar datos biográficos, fotografías, obras…

Enlaces que se citan:

(1) Páxina de Antón Vicente : http://www.antonvicente.es/

(2) Enlace ao xogo sobre Álvarez Blazquez: http://www.antonvicente.es/recursos/xmab/xogo.html

(3) Enlace á páxina sobre Álvarez Blazquez: http://www.17demaio.org/

LETRAS GALEGAS 2008

roseira.jpg

Coma nos últimos anos os compañeiros do Seminario Galán nos regalan un estupendo traballo sobre o homenaxeado deste ano «Xosé María Álvarez Blázquez»

Na páxina (1) podedes atopar fotografías, actividades para facer en liña e cadernos para imprimir e traballar na aula.

Parabens polo traballo e mil grazas por compartilo con nós.

Enlaces que se citan:

Páxina do seminario Galán: http://seminariogalan.org/

MÁIS LETRAS GALEGAS

Dende o CFR de Pontevedra nos ofrecen está ampla recolección de acitividades para o Día das Letras Galegas. Algunhas xa apareceron nunha entrada anterior pero hai outras moitas moi interesantes.

letras.jpg
                                                                      Graciñas Paco!